![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/80/Lyriothemis_acigastra_male_at_Kadavoor.jpg/640px-Lyriothemis_acigastra_male_at_Kadavoor.jpg&w=640&q=50)
Lyriothemis acigastra
especie de insecto / From Wikipedia, the free encyclopedia
Lyriothemis acigastra é unha especie de libélula da familia Libellulidae presente na India.[1] A Unión Internacional para a Conservación da Natureza tamén cita capturas moi antigas desta especie en Birmania, a China e o Tíbet.[2]
Lyriothemis acigastra | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Macho, en Kadavoor | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Datos insuficientes | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Lyriothemis acigastra (Selys, 1878) |
O xénero Lyriothemis comprende 15 especies e está moi estendido por Asia. Tres especies deste xénero están presentes na India: L. cleis, L. tricolor e L. acigastra. Críase que as tres estaban restrinxidas á rexión noroeste do país, nos estados de Assam e Bengala Occidental, pero en 2013, L. acigastra foi rexistrada no estado meridional de Kerala. Pouco se sabe sobre a ecoloxía ou hábitat desta especie, o cal en boa medida se debe á súa rareza e natureza reservada. Os espécimes rexistrados en 2013 atopáronse en arbustos preto de pantanos de auga doce e regatos. Os individuos xeralmente son máis activos polo serán e pola mañá. Os machos descansan a unha altura de arredor de 8 a 10 m do chan, e depredan bolboretas Hesperiidae e avelaíñas.[1]
A especie lembra moito á especie de Sri Lanka L. defonsekai, descrita en 2009.[3]