From Wikipedia, the free encyclopedia
Luís Filipe Carrilho de Castro Mendes, nado en Idanha-a-Nova[1] o 21 de novembro de 1950, é un diplomático, escritor, poeta, narrador e político portugués. Foi ministro da Cultura do XXI Goberno Constitucional de Portugal de abril de 2016 a outubro de 2018.
Nome orixinal | (pt) Luís Filipe Carrilho de Castro Mendes |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 21 de novembro de 1950 (73 anos) Idanha-a-Nova, Portugal |
22º Ministro da Cultura (pt) | |
14 de abril de 2016 – 15 de outubro de 2018 Gabinete ministerial: XXI Governo Constitucional de Portugal (pt) | |
Embaixador de Portugal (pt) | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Lisboa |
Actividade | |
Ocupación | poeta, político, escritor, diplomático |
Partido político | político independente |
Premios | |
Licenciado en Dereito pola Facultade de Dereito da Universidade de Lisboa (1974). Ingresou en 1975 na carreira diplomática, tendo pasado sucesivamente por Luanda, Madrid e París, Río de Xaneiro, Budapest e Nova Deli. Foi asesor de Melo Antunes no Ministério dos Negócios Estrangeiros, nos gobernos provisorios liderados por Vasco Gonçalves e Pinheiro de Azevedo, e, máis tarde, en 1983, do Presidente Ramalho Eanes. Entre 1995 e 1997, foi xefe de Gabinete do Secretário de Estado dos Negócios Estrangeiros e Cooperação, José Lamego. En 2010 asumiu a xefatura da representación de Portugal na UNESCO, en París, e en 2012 como representante no Consello de Europa, en Estrasburgo. En 2015 foi nomeado Ministro da Cultura do XXI Goberno Constitucional.[2]
Estreouse cedo como poeta (1965-1967), ao publicar poemas no suplemento xuvenil do Diário de Lisboa[3] e no suplemento literario do diario República. Comezou a publicar poesía en libros na década de 80. Recados (1983) é unha “obra onde se impoñen desde pronto dúas das máis marcantes características da súa poesía: o virtuosismo no tratamento de formas poéticas tradicionais e a intertextualidade” con referencias a varios escritores, como Emily Dickinson, Rilke, Nietszche, Jorge Luis Borges, Rimbaud etc.[4]
Encadrábel nunha estética posmodernista, a obra de Luís Filipe de Castro Mendes revela un universo enigmático onde o finximento e a sinceridade, o romántico e o clásico, a regra e o xogo levan até as realizacións mais lapidares e expresivas.[5] Entre o clasicismo e o preromantismo, a obra de Luís Filipe Castro Mendes ten aínda como trazo distintivo a capacidade de renovar, con inquestionábel mestría, as experiencias da escrita.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.