numismático e arabista alemán From Wikipedia, the free encyclopedia
Lutz Ilisch, nado en 1950 en Billerbeck, Renania do Norte-Westfalia, é un numismático alemán especialista na moeda medieval do mundo islámico.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1950. Billerbeck, Alemaña |
País de nacionalidade | Alemá |
Educación | Universidade de Münster. |
Q89547790 | Moeda medieval do mundo islámico. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Ocupación | arabista, numismático |
Influencias | |
Premios | |
- (1979): Medalla da RNS. - (1995): Premio Samir Shamma (RNS). |
É o irmán máis novo do tamén numismático e historiador Peter Ilisch.
Logo da súa educación secundaria en Münster, Ilisch cursou Estudos Árabes, Prehistoria e Historia Temperá, así como Ciencias Auxiliares da Historia (especialidade de Numismática) na Universidade de Münster. En 1979 graduouse e recibiu o título de Magister Artium, cunha tese sobre moedas de ofrenda no mundo islámico. Finalmente, en 1985 acadou o seu doutoramento cunha tese sobre a historia do goberno dos artúquidas de Mardin entre mamelucos e mongois, de 1260 a 1410.[1][2]
Como alumno de Peter Berghaus, participou temporalmente no desenvolvemento do proxecto Corpus Nummorum Saeculorum IX-XI qui in Suecia reperti sunt, de catalogación dos tesouros de época viquinga en Suecia, que contiñan importantes cantidades de moedas procedentes do mundo islámico.[1]
Logo da súa graduación, IIlisch tivo contacto coa numismática desde o punto de vista comercial. En 1979 e 1980 colaborou co comerciante de moedas Holger Dombrowski e a partir de 1985 traballou na compañía Münzen und Medalen AG, en Basilea.[1]
Nesa época compaxinou o traballo no sector privado coa docencia na Universidade de Basilea, en Suíza, e na Universidade de Friburgo, en Alemaña.[1]
Posteriormente Ilisch ingresou como profesor de Numismática e de Estudos Islámicos na Universidade de Tubinga. Alí fundou o Centro de Investigación de Numismática Islámica, que dirixiu entre 1990 e 2018.[3] Co apoio económico da Volkswagen Foundation, a universidade adquiriu en 1990 a colección completa de moeda islámica do estadounidense Stephen Album, con arredor de 30.000 exemplares. Baixo a dirección de Ilisch, a colección de moeda islámica instalouse no museo da universidade e foise incrementando ata se converter nunha das máis importantes do mundo no seu xénero, con arredor de 65.000 pezas.[4][5] Esta colección foi publicada dentro da serie Sylloge Numorum Arabicorum Tübingen; os volumes dedicados ás moedas de Palestina e ás de Gazna/Cabul foron galardoados co premio á mellor publicación do ano tanto pola Royal Numismatic Society, de Londres, como pola American Numismatic Society, de Nova York.[1]
Ilisch foi tamén asesor de numismática islámica na Comisión de Numismática dos Estados da República Federal de Alemaña.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.