![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/88/Chafariz_d%2527el_Rei_%2528Flemish_School%2529.jpg/640px-Chafariz_d%2527el_Rei_%2528Flemish_School%2529.jpg&w=640&q=50)
Lusotropicalismo
From Wikipedia, the free encyclopedia
Lusotropicalismo é un termo utilizado por primeira vez polo sociólogo brasileiro Gilberto Freyre[2] para describir o suposto carácter distintivo do imperialismo portugués no exterior,[2] propoñendo que os portugueses eran mellores colonizadores que outras nacións europeas.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/88/Chafariz_d%27el_Rei_%28Flemish_School%29.jpg/640px-Chafariz_d%27el_Rei_%28Flemish_School%29.jpg)
Freyre teorizou que debido ao clima máis cálido de Portugal e ao estar habitado por celtas, romanos, suevos, godos, mouros e outros pobos na época premoderna, os portugueses eran máis humanos, amigábeis e adaptábeis a outros climas e culturas. El viu as culturas de base portuguesa como culturas de expansión ecuménica. Freyre era favorábel ás independencias dos distintos países da comunidade lusófona sempre que non caísen baixo a órbita doutros imperialismos (soviética, norteamericana, belga, surafricana,…)[3]
A principios do século XX, Portugal era a potencia colonial europea con presenza territorial máis antiga no exterior; nalgúns casos os seus territorios foran continuamente asentados e gobernados polos portugueses durante cinco séculos. O lusotropicalismo celebrou elementos tanto reais como mitolóxicos da democracia racial e da misión civilizadora no Imperio portugués, abarcando unha actitude de mestizaxe cara ás colonias ou territorios de ultramar. A ideoloxía é mellor exemplificada na obra de Freyre.