From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha lupa[1] é unha lente empregada para producir unha imaxe aumentada dun obxecto. A lente adoita montarse nun mango. Unha lupa pode empregarse para focalizar luz, por exemplo para concentrar a radiación do Sol e crear un foco que inicie un lume.
A lupa é unha icona dos detectives de ficción, particularmente de Sherlock Holmes.
O primeiro testemuño da existencia de instrumentos para ampliar imaxes figura na obra As nubes, de Aristófanes, do 424 a.C., na que se fala dunha farmacia na que se venden lupas para prender lume, e na lente de Plinio o Vello, un globo de cristal cheo de auga empregado para cauterizar feridas e sobre o que Séneca escribiu que podía empregarse para ler cartas sen importar “o pequenas ou borrosas que fosen”.[2]
Roger Bacon describiu as propiedades das lupas no século XIII. As lentes desenvolvéronse en Italia nese mesmo século.[3]
A ampliación dunha lupa depende do lugar onde se coloca entre o ollo do observador e o obxecto que se quere ver e a distancia entre ambos. A potencia dunha lupa equivale á ampliación angular e é a razón dos tamaños das imaxes formadas na retina do observador con e sen a lente.[4] No caso “sen lente”, enténdese que o usuario achegaría o obxecto ao ollo tanto como for posible sen que se vise boroso. Este punto varía coa idade. En nenos pode chegar a 5 cm, mentres que en persoas máis vellas pode ser ata dun ou dous metros. As lupas caracterízanse empregando un valor estándar de 0.25 m.
As maiores potencias obtéñense colocando a lente moi próxima ao ollo e movendo ambos xuntos para obter o mellor foco. A potencia obtida nesta condición é MP0 = (0.25 m)Φ + 1, onde Φ é a potencia óptica en dioptría e o factor de 0.25 m representa o punto comentado. Este valor de potencia de ampliación é un dos que se empregar para cualificar as lupas. Adoita denotarse "m×", where m = MP0 e ás veces denomínase potencia total da lupa.
Con todo, as lupas non sempre se describen así xa que é máis cómodo poñelas próximas ao obxecto. Nese caso o ollo pode estar a maior distancia e obtense facilmente unha boa imaxe. A potencia de ampliación é aproximadamente MP = (0.25 m)Φ.
Unha lupa típica pode ter unha distancia focal de 25 cm, que corresponde a unha potencia óptica de 4 dioptrías. Estas lupas venderíanse como "2×". Na realidade, un observador obtería unha potencia de ampliación de entre 1 e 2, dependendo de onde se coloca a lente.
As lupas adoitan ter potencias de ampliación pequenas: 2×–6×. Para ampliacións maiores a calidade da imaxe dunha lupa simple é pobre debida a aberracións ópticas, especialmente a aberración esférica. Cando se require máis ampliación ou unha imaxe mellor empréganse outros tipos de lupa, como a Coddington ou a Hastings triplet. As lupas máis potentes adoitan montarse sobre soportes cilíndricos ou cónicos sen mangos.
Estas lupas poden acadar ampliacións de 30×, mais con estas ampliacións a abertura da lupa pode ser moi pequena e quedar moi próxima ao obxecto e ao ollo. Para ampliacións superiores resulta máis conveniente o uso dun microscopio.
A lupa (é dicir, ou U+1F50D en Unicode: 🔍) adoita empregarse como representación simbólica da posibilidade de pescudar ou ampliar, especialmente en software e páxinas web.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.