![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b8/Lu%25C3%25ADsa_Villalta_%2528AELG%2529_-_1.jpg/640px-Lu%25C3%25ADsa_Villalta_%2528AELG%2529_-_1.jpg&w=640&q=50)
Luísa Villalta
escritora e violinista galega / From Wikipedia, the free encyclopedia
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña o 15 de xullo de 1957[1] e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (gl) Luísa Villalta Gómez ![]() 15 de xullo de 1957 ![]() A Coruña, España ![]() |
Morte | 6 de marzo de 2004 ![]() A Coruña, España ![]() |
Causa da morte | meninxite ![]() |
Lugar de sepultura | cemiterio de Santo Amaro da Coruña ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | violinista , escritora , profesora de ensino secundario ![]() |
Lingua | Lingua galega ![]() |
Instrumento | Violín ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Paulino Pereiro (1978-1998) |
Premios
| |
![]() ![]() ![]() ![]() |
O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras[2] do ano 2022: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo". A Real Academia Galega dedicoulle o Día das Letras Galegas do ano 2024,[2] destacando dela que foi a "creadora dunha obra singular e sólida que a converteu nunha das grandes figuras da literatura galega que emerxeron na segunda metade dos anos 80 e primeiros 90". Esta proposta estivo encabezada pola tamén escritora Ana Romaní e respaldada por Chus Pato, Marilar Aleixandre, Fina Casalderrey, Margarita Ledo Andión, Manuel Rivas, María López Sández, Euloxio R. Ruibal, Dolores Sánchez Palomino, Manuel González González e a xa mencionada Ana Romaní.[3]