![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/63/D%25C3%25ADa_das_Galegas_nas_Letras_2019.jpg/640px-D%25C3%25ADa_das_Galegas_nas_Letras_2019.jpg&w=640&q=50)
Día das Galegas nas Letras
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Día das Galegas nas Letras é unha celebración organizada pola plataforma de crítica literaria A Sega[1] que honra anualmente a mulleres que contribuíron de forma sobranceira á cultura en xeral e á literatura en particular como "Señora das Letras".
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/63/D%C3%ADa_das_Galegas_nas_Letras_2019.jpg/640px-D%C3%ADa_das_Galegas_nas_Letras_2019.jpg)
Comezou a organizarse no ano 2014.[2] Naceu en contraposición do Día das Letras Galegas, ao seren homes a maioría das persoas homenaxeadas nesa celebración.[3] En 2018 dedicouse o Día das Letras Galegas a María Victoria Moreno[4] e en 2024 a Luísa Villalta que foran previamente recoñecidas no Día das Letras Galegas.