From Wikipedia, the free encyclopedia
Luís Manuel Curcialeiro Godinho de Matos, máis coñecido como Luís de Matos, nado en Lourenço Marques, 23 de agosto de 1970, é un ilusionista portugués, moi coñecido polos seus diversos programas de promoción do ilusionismo na RTP.
Nome orixinal | (pt) Luís Manuel Curcialeiro Godinho de Matos |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 23 de agosto de 1970 (54 anos) Maputo, Mozambique |
Educación | Instituto Politécnico de Coimbra (pt) |
Actividade | |
Ocupación | mago |
Premios | |
Páxina web | luisdematos.com |
Amplamente recoñecido a nivel nacional e internacional[1] é o mago portugués máis galardoado, así como o máis novo ata a data en ser distinguido co "The Devant Award", considerado o máis relevante dos trofeos que concede anualmente o centenario club en: The Magic Circle (outubro 2013).
Luís de Matos presentou a súa primeira ilusión aos 11 anos. Desde entón fíxose coñecido a nivel portugués e internacional polas súas ilusións, tendo presentado varios programas na RTP.
Aos 5 anos, en 1975, deixou Mozambique e trasladouse cos seus pais a Portugal e a familia trasladouse ao concello de Ansião, distrito de Leiria .
Luis de Matos é licenciado en Produción Agraria e estudou na Escola Superior Agrária de Coímbra do Instituto Politécnico de Coímbra.
En 1995, Luis de Matos impresionou aos portugueses coa ilusión de prognosticar os números do Totoloto cunha semana de antelación.
Luís de Matos comezou as súas aparicións televisivas en 1990 e dous anos despois presentou a súa propia serie televisiva titulada "Isto é Magia". Seguiron varias series, entre elas Night Magic, Ilusões com Luis de Matos, Luis de Matos Ao Vivo, e Luis de Matos Mistérios para RTP1.
Luis de Matos tamén actuou noutras series de televisión de todo o mundo como "Shalakabula" en España,The Magicians (2011) no Reino Unido, aparecendo recentemente na adaptación ao español deste programa da BBC en Por arte de magia . Participou semanalmente, na novena tempada en directo os venres, no programa LUAR da TVG, en Galicia.
Fixo xiras por Portugal co o espectáculo de teatro chamado "Luis de Matos CHAOS", despois de dous grandes éxitos titulados "CLOSE-UP" e "ENIGMA".
Foi nomeado "Mago do Ano" pola Hollywood Academy of Magical Arts en 1999, realizou traballos de consultoría máxica para o Teatro Nacional Dona María, São João e São Carlos, foi director artístico do FISM 2000,[2] en Lisboa e, despois produciu varios Festivais Anuais de Maxia en Portugal.[3][4]
Luís de Matos é o responsable de moitos eventos memorables como o Guinness World Records no que 52.001 panos desapareceron simultaneamente na inauguración do Estádio do Dragão . Foi o protagonista e autor desta cerimonia.[5][6]
En 2013 recibiu en Los Angeles, a súa terceira distinción da Hollywood Academy of Magical Arts Special Fellowship onde pode lerse:
“In recognition of a trail-blazing achievement in magic and media. As founder and producer of the Essential Magic Conference, his tireless efforts helped to create something genuinely new, guiding magic into its future.”
Tamén en 2013, foi distinguido co Magic Golden Grolla, baixo o lema “Il grande rivoluzionario della magic”, un dos máis prestixiosos premios italianos, concedido aos mellores artistas do campo do cine, a televisión, o xornalismo, música e maxia, dende 1953.
Luís de Matos foi distinguido co The Devant Award, o 19 de outubro de 2013, considerado o máis relevante dos trofeos que entrega anualmente o centenario club The Magic Circle. O artista recibiu este galardón aos 43 anos e 25 de carreira, cando a media de idade dos ilustres magos superou os setenta anos.[7]
O seu maior proxecto é a creación de Estúdio33 na zona central do país, Ansião. Construíuse co obxectivo de reunir baixo un mesmo teito todas as competencias do equipo de Luís de Matos Produções, nun estudio de teatro e televisión totalmente equipado, local de ensaio, biblioteca de consulta, obradoiro e despachos.
Luís de Matos é o cofundador e produtor de The Essential Magic Conference [8] que tivo lugar no Estúdio33 e que se retransmitiu en directo por Internet a 74 países en 2010, 2011 e 2012. Tamén é produtor e creador de Essential Magic Colección .
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.