![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/de/Lu%25C3%25ADs_Seoane_en_Buenos_Aires_en_1955.jpg/640px-Lu%25C3%25ADs_Seoane_en_Buenos_Aires_en_1955.jpg&w=640&q=50)
Luís Seoane
artista galego / From Wikipedia, the free encyclopedia
Luís Seoane López, nado en Buenos Aires o 1 de xuño de 1910 e finado na Coruña o 5 de abril de 1979, foi un editor, escritor, xornalista, ilustrador, gravador, ceramista e pintor galego. Colaborou en Resol, Claridad e El Pueblo Gallego. Militante do Partido Galeguista durante a II República Española, na Guerra civil fuxiu a Buenos Aires. O seu estilo pictórico evolucionou cara ó debuxo esquemático sobre planos de cor. Con Isaac Díaz Pardo recuperou a antiga fábrica de Sargadelos, fundou o Laboratorio de Formas e o Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside. Durante o exilio apoiou a escritores e artistas galegos e promoveu diversas iniciativas editoriais. A Real Academia Galega dedicoulle o Día das Letras Galegas do ano 1994 e a Real Academia Galega de Belas Artes o Día das Artes Galegas do ano 2019.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de xuño de 1910 ![]() Buenos Aires, Arxentina ![]() |
Morte | 5 de abril de 1979 ![]() A Coruña, España ![]() |
Lugar de sepultura | cemiterio de Santo Amaro da Coruña ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Arxentina España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | litógrafo , poeta , avogado , xornalista , gravador , escritor , político , pintor , muralista ![]() |
Partido político | Partido Galeguista ![]() |
Membro de | |
Xénero artístico | Poesía ![]() |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | María Elvira Fernández López |
![]() ![]() ![]() |