From Wikipedia, the free encyclopedia
As Lowlands ou Terras baixas escocesas (en gaélico escocés, a Ghalldachd, é dicir, "a zona non gaélica"), é a denominación habitual, aínda que non ofical, da parte meridional de Escocia, é dicir, todas aquelas rexións non comprendidas nas Terras Altas ou Highlands. A liña divisoria entre Terras Altas e Terras Baixas sitúase convencionalmente no Firth of Clyde, entre Stonehaven e Helensburgh. A denominación pode non ser totalmente acertada, xa que boa parte das chamadas "Terras Baixas" non son precisamente chairas, nin todas as Terras Altas son montañosas.
Localización | |||
---|---|---|---|
Estado | Reino Unido | ||
País | Escocia | ||
Na división tradicional, pertencen aos Lowlands os condados de:
|
|
Algúns condados que posúen terras tanto nas Highlands como nas Lowlands son:
Malia ser Caithness considerado como parte das Highlands, tamén adoita seres incluído entre as Lowlands. As Illas Orkney e as Illas Shetland son tamén denominadas ocasionalmente como Lowlands, debido principalmente a que empregan un idioma distinto do gaélico; pero teñen unha identidade completamente distinta, máis achegada á dos países nórdicos, ata o punto de que algúns dos seus habitantes non se consideran escoceses.
Os condados máis meridionais de Escocia, lindeiros con Inglaterra, son denominados tamén Borders, e en ocasións son considerados como unha entidade separada dos Lowlands.
O termo Scottish Lowlands emprégase xeralmente para referirse á lingua escocesa, así como para referirse á historia de Escocia ou ao sistema de clans, así como á xenealoxía.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.