Lourenzo de Medici (italiano: Lorenzo di Piero de' Medici), nado en Florencia o 1 de xaneiro de 1449 e finado en Careggi o 9 de abril de 1492, tamén coñecido como Lourenzo o Magnífico polos seus contemporáneos, foi un estadista italiano e gobernante de facto[1] da República de Florencia durante o Renacemento italiano. Príncipe de Florencia, mecenas das artes, diplomático, banqueiro, poeta e filósofo renacentista, pertencente á familia dos Medici e tamén bisavó de Catarina de Medici.
Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Lourenzo de Medici |
Nome orixinal | (it) Lorenzo di Piero de Medici |
---|
Biografía |
---|
Nacemento | 1 de xaneiro de 1449 Florencia (República de Florencia)
|
---|
Morte | 8 de abril de 1492 (43 anos) Careggi (República de Florencia)
|
---|
Lugar de sepultura | Capela dos Medici |
---|
|
|
|
|
Datos persoais |
---|
Residencia | Palacio Medici Riccardi |
---|
País de nacionalidade | República de Florencia |
---|
Relixión | Igrexa católica |
---|
Actividade |
---|
Ocupación | político , poeta , escritor , banqueiro |
---|
Profesores | John Argyropoulos, Marsilio Ficino e Gentile de' Becchi (pt) |
---|
Lingua | Lingua italiana |
---|
Familia |
---|
Familia | Medici |
---|
Cónxuxe | Clarice Orsini (1469, 1469 (Gregoriano)–1487) |
---|
Parella | Lucrezia Donati (en) |
---|
Fillos | Lucrécia de Médici (pt) () Clarice Orsini (pt) Juliano II de Médici (pt) () Clarice Orsini (pt) Contessina de Médici (pt) () Clarice Orsini (pt) Luisa de' Medici (en) () Clarice Orsini (pt) León X, papa () Clarice Orsini (pt) Pedro de Médici (pt) () Clarice Orsini (pt) Madalena de Médici (pt) () Clarice Orsini (pt) Clemente VII, fillo adoptivo () Giuliano de Médici (pt) Fioretta Gorini; del Cittadino (en) |
---|
Pais | Pedro de Cosme de Médici (pt) e Lucrécia Tornabuoni (pt) |
---|
Irmáns | Nannina de' Medici (pt) , Maria di Piero de' Medici (pt) , Bianca de Médici (1445-1488) (pt) , Giuliano de Médici (pt) e Giovanni de' Medici (pt) |
---|
|
|
|
|
|
|
Pechar
A súa vida coincidiu coa cúspide do Renacemento italiano temperán; a súa morte marca o final da Idade de Ouro de Florencia. A fráxil paz que axudou a manter entre os distintos estados italianos terminou coa súa morte. Os restos de Lourenzo de Medici repousan na Capela dos Medici na Basílica de San Lourenzo (Florencia).