xénero de plantas From Wikipedia, the free encyclopedia
Lonicera é un xénero de plantas con flores pertencente á familia Caprifoliaceae. As especies incluídas dentro deste xénero normalmente son coñecidas polo nome popular de madreselvas[1] ou chuchameles[2] (ademais dos múltiplos nomes vulgares en galego das diferentes especies).
Lonicera | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lonicera caprifolium | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
Ver texto. |
Son arbustos arqueados ou parras sarmentosas, a maioría con doces fragrancias, flores con forma de campá. Hai unhas 180 especies de madreselvas.
Sábese que o termo madreselva se usou durante moito tempo para designar as especies integrantes do xénero Lonicera, aínda que este apelativo deberíase aplicar só para designar a especie Lonicera caprifolium L., planta sarmentosa que se encontra nos bosques europeos, e chamar todas as demais simplemente como loniceras.[Cómpre referencia]
O termo "Lonicera" foi usado por primeira vez por Linné en 1753 adaptando ao latín o apelido "Lonitzer", en honra ao botánico Adam Lonitzer (1528-1586), médico que exerceu en Frankfurt.[3]
En galego existen multitude de nomes para as diferentes especies de Lonicera, ás veces uns mestúranse con outros. Entre eles: madreselva (var. madresilva), cabrifollo (var. cadrifollo), herba salgueira, bigorda, chuchamel (zugameles, sugamés, zugos), altasebes, garnicela etc.
As follas son opostas, ovais simples, e de 1–10 cm de lonxitude. A maioría son caducifolias e algunhas son perennifolias. Moitas das especies presentan flores que presentan un olor perfumado, producindo un doce néctar comestible. A froita é unha baga de coloración roxa, azul ou negra contendo varias sementes; na maioría das especies as bagas son levemente tóxicas, porén algunhas (como a Lonicera caerulea) teñen bagas comestibles. Estas plantas son a base de alimentación das larvas dalgunhas especies de Lepidoptera.
A madreselva xaponesa e a madreselva de Amur (Lonicera maackii) están consideradas como plantas invasoras en EUA e Nova Zelandia. As madreselvas poden ser controladas: cortándoas, queimándoas, ou queimando as raíces e repetindo a operación ás dúas semanas até que as reservas das raíces se esgoten.
A Lonicera xylosteum é unha planta usada en homeopatía para tratamento de asmas, dificultades respiratorias e sífilis. A Lonicera periclymenum é usada como remedio homeopático para o tratamento da irritabilidade con explosións violentas.
A Lonicera caprifolium é moi apreciada como planta ornamental, debido ás súas bonitas e aromáticas flores.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.