Loligo é un xénero de moluscos cefalópodos coleoideos decapodiformes miópsidos, o tipo da familia dos lolixínidos.[1]
Máis información LoligoLuras, Clasificación científica ...
Pechar
Segundo o World Register of Marine Species e outras autoridades, o xénero está formado por tan só tres especies de luras, amplamente distribuídas por diversos mares e que son obxecto de activa pesca debido á gran calidade da súa carne.
Sinónimos
Ademais de polo nome Loligo, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:
Segundo o WoRMS:[1]
Segundo o ITIS:[4]
- Alloteuthis Wülker, 1920
- Acrololigo Grimpe, 1921
- Acroteuthis Berry, 1913
- Acruroteuthis Berry, 1920
- Doryteuthis Naef, 1912
- Pteroteuthis Ehrenberg, 1831
Subxéneros
O ITIS considera, dentro do xénero, os seguintes tres subxéneros:[4]
- Loligo (Alloteuthis) Wülker, 1920
- Loligo (Doryteuthis) Naef, 1912
- Loligo (Loligo) Lamarck, 1798
Especies
Segundo as recentes clasificacións do WoRMS,[1] o Tree of Life Web Projet,[5] e Vecchione et al.,[6] recoñécense unicamente tres especies dentro do xénero:
Porén, outros autores recoñecen moitas máis especies. A xeito de exemplo, o ITIS considera as seguintes:[4]
- Loligo bleekeri Keferstein, 1866
- Loligo forbesii Steenstrup, 1856
- Loligo gahi D'Orbigny, 1835, a lura da Patagonia.[7]
- Loligo ocula Cohen, 1976
- Loligo opalescens Berry, 1911, a lura de Monterrei.[7]
- Loligo pealeii Lesueur, 1821, a lura de Boston.[9]
- Loligo pickfordi (Adam, 1954)
- Loligo plei Blainville, 1823, a lura frecha.[7]
- Loligo roperi Cohen, 1976
- Loligo sanpaulensis Brakoniecki, 1984, a lura de São Paulo.[7]
- Loligo surinamensis Voss, 1974
- Loligo vietnamensis Nguyen, 1994
Taxonomía controvertida
Toda a taxonomía dos moluscos está hoxe en contyroveris. Polo que respecta ao xénero que nos ocupa, a súa posición sistemática é a seguinte:
Para o WoRMS:[1]
Para o ITIS:[4]
- Clase Cephalopoda Cuvier, 1797
- Subclase Coleoidea Bather, 1888
Como vemos, as principais diferenzas son as de consideraren o grupo dos Myopsida como orde (no canto de Teuthida), ou como suborde desta (Myopsina).
Loligo bleekeri
(Heterololigo bleekeri segundo o WoRMS)
Loligo forbesii
Loligo opalescens
(Doryteuthis opalescens segundo o WoRMS)
Loligo plei
(Doryteuthis pleii segundo o WoRMS)
Exemplares de
Loligo vulgaris no
Aquarium Finisterrae da
Coruña
Loiligo vulgaris capturando un espécime de
Sparus aurata
Ovos de Loligo vulgaris
Loligo no Merriam-Webster Unabridged Dictionary.
Vecchione, M., E. Shea, S. Bussarawit, F. Anderson, D. Alexeyev, C.-C. Lu, T. Okutani, M. Roeleveld, C. Chotiyaputta, C. Roper, E. Jorgensen & N. Sukramongkol. (2005):Systematics of Indo-West Pacific loliginids. Phuket Marine Biological Center Research Bulletin 66: 23–26.
Lahuerta e Vázquez (2000), p. 293.
Lahuerta e Vázquez (2000), p. 294.
Bibliografía
- Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): Invertebrados, 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España. ISBN 0-87893-097-3.
- D'Ancona, Humberto (1972): "Moluscos" en Tratado de zoología. Tomo II. Zoología especial. Barcelona: Editorial Labor, S. A., pp. 729–763.
- Frings, H. e Frings, M. (1975): Conceptos de Zoología. Madrid: Editorial Alhambra. ISBN 84-205-0505-6.
- Grassé, P.-P., E. A. Poisson e O. Tuzet (1976): Invertebrados. (En Grassé, P.-P., Zoología, vol. 1). Barcelona: Toray-Masson. ISBN 84-311-0200-4.
- Hickman, C. P., W. C. Ober e C. W. Garrison (2006): Principios integrales de zoología, 13ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana. ISBN 84-481-4528-3.
- Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
- Meglitsch, P. A. (1986): Zoología de invertebrados, 2ª ed. Madrid: Ed. Pirámide. ISBN 84-368-0316-7.
- Ramonell, Rosa (1985): Guía de los mariscos de Galicia. Vigo: Galaxia. ISBN 84-7154-506-3.
- Rolán, Emilio e Otero-Schmitt, Jorge (1996): Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-8288-072-3.
- Remane, A., Storch, V. e Welsch, U. (1980): "Mollusca (Moluscos)", en Zoología sistemática. Clasificación del reino animal. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0608-2, pp. 121–169.
- VV. AA. (1968): "Moluscos" en: Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 4. Animales invertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 248–293.