filme de 1998 dirixido por Tom Tykwer From Wikipedia, the free encyclopedia
Lola rennt é un filme alemán de 1998 escrito e dirixido por Tom Tykwer. Está protagonizado por Franka Potente no papel de Lola e Moritz Bleibtreu como Manni. Conta a historia dunha muller que necesita obter 100 000 marcos alemáns en vinte minutos para salvar a vida do seu mozo.
Lola rennt | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Lola rennt |
Director | Tom Tykwer |
Produtor | Stefan Arndt |
Guión | Tom Tykwer |
Intérpretes |
|
Música |
|
Fotografía | Frank Griebe |
Montaxe | Mathilde Bonnefoy |
Estudio |
|
Distribuidora | Prokino Filmverleih |
Estrea | 20 de agosto de 1998 |
Duración | 80 minutos[1] |
Orixe | Alemaña |
Xénero | Suspense |
Orzamento | 1,75 millóns de dólares[2] |
Recadación | 22,9 millóns de dólares[2] |
Na rede | |
http://www.miramax.com/movie/run-lola-run | |
Lola rennt estreouse no Festival Internacional de Cinema de Venecia, onde competiu polo León de Ouro.[3] O filme foi escollido como candidato de Alemaña para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 71ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[4][5]
O filme comeza con Lola contestando unha chamada telefónica do seu mozo, Manni. El é un criminal de pouca categoría e perdeu nun tren 100 000 marcos que pertencen ao seu xefe. Manni ten que entregar os cartos ao seu xefe antes de que transcorran vinte minutos. Teme que o maten se descobre a perda e decide roubar un supermercado próxima. Lola prégalle que a espere e dille que ela conseguirá o diñeiro dalgún xeito. Como lle roubaron a moto, terá que correr.
O filme divídese en tres "carreiras". Cada unha comeza do mesmo xeito: tras tirar o teléfono, Lola sae correndo do apartamento mentres a súa nai lle pide que merque xampú. Cada carreira desenvólvese dunha forma diferente con distintos resultados.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.