From Wikipedia, the free encyclopedia
Lois III da Provenza, coñecido como Lois de Calabria ata a morte do seu pai, para diferencialo deste, tamén chamado Lois de Anjou, nado en 1403 e finado en Cosenza, Italia, en 1434, foi conde da Provenza, duque de Anjou e rei titular de Nápoles (1417 - 1434), e duque de Calabria (1426 - 1434).
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de setembro de 1403 Angers, Francia |
Morte | 12 de novembro de 1434 (31 anos) Cosenza (pt) |
Causa da morte | malaria |
Duke of Anjou (en) | |
Pretender to the Aragonese throne (en) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Lingua | Francés medio |
Outro | |
Título | Duke of Calabria (en) (1423–1434) Count of Provence and Forcalquier (en) (1417–1434) Duke of Anjou (en) (1417–1434) |
Familia | House of Valois-Anjou (en) |
Cónxuxe | Margarida de Savoia (duquesa de Anjou) |
Pais | Lois II de Nápoles e Iolanda de Aragão (pt) |
Irmáns | Renato I de Nápoles (pt) , Carlos, Conde de Maine (pt) , María de Anjou e Iolanda de Anjou (pt) |
Primeiro fillo de Lois II da Provenza e Iolanda de Aragón, herdou o condado da Provenza así como os dereitos sobre o reino de Nápoles á morte do seu pai.
Como neto de Xoán I de Aragón, foi pretendente á Coroa de Aragón á morte de Martiño o Humano. O seu partido formouse arredor da súa avoa Iolanda de Bar, viúva de Xoán I, e cando a súa candidatura non prosperou, pasou a apoiar a Fernado de Antequera.
O 4 de decembro de 1419 foi coroado rei de Nápoles polo papa Martíño V, coa oposición dos seus parentes Anjou-Durazzo.
As disputas entre as dúas ramas familiares sobre os dereitos dinásticos do Reino de Nápoles remóntanse á morte da raíña Xoana I de Nápoles sen descendencia directa. A adopción de Lois de Anjou por parte de Xoana I como herdeiro do trono da Provenza e Nápoles non satisfixo as aspiracións do seu curmán Carlos de Durazzo, o futuro Carlos III de Nápoles, e durante cincuenta anos houbo dúas liñas reais en Nápoles.
En alianza con Milán e Venecia, Lois III conseguiu a reconciliación con Xoana II de Nápoles e en 1423 nomeouno herdeiro directo. Pero este feito provocou unha nova disputa, xa que anteriormente (1421) a raíña Xoana adoptara a Afonso IV o Magnánimo como o seu sucesor. Esta disputa co Conde-Rei catalán trasladouse ata a veciña Provenza.[1]
En 1432 casou con Margarida de Savoia, filla de Amadeu VIII de Savoia. Non houbo fillos deste matrimonio, xa que Lois III morreu o 12 de novembro de 1434 vítima da malaria. Sen descendencia, o seu irmán Renato de Anjou foi nomeado herdeiro.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.