From Wikipedia, the free encyclopedia
A loaghtan manx é unha raza de ovellas que ten orixe na Illa de Man. Ás veces tamén se coñece como loaghtyn ou loghtan. A súa pel é de cor marrón escura e a súa característica máis recoñecíbel é que adoita posuír dous pares de cornos e ocasionalmente tres pares.[1]
Loaghtan manx | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Exemplares de loaghtan manx en Ramsey, na Illa de Man. | |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
En perigo | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Orixe da raza. |
A loaghtan manx descende dunha raza de ovellas primitivas que no pasado se podían atopar en Escocia, nas Illas Hébridas e nas Illas Shetland. O seu nome provén das palabras en lingua manx lugh dhoan, que significan rato marrón e que describen a cor da ovella. Críase principalmente para a produción de carne, que se considera unha delicia. A súa carne obtivo recentemente o recoñecemento de Denominación de orixe protexida pola Unión Europea.[2]
Nos anos 1950 só quedaban 43 espécimes vivos. Grazas aos esforzos levados a cabo para a súa recuperación, hoxe en día hai arredor de 1.500 femias reprodutoras rexistradas no Reino Unido. Aínda así, séguese a considerar como en risco de desaparición.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.