Lloyd's Register é un grupo adicado á clasificación de buques e industrias navais. As sociedades de clasificación son unhas organizacións independentes e sen ánimo de lucro adicadas ao asesoramento naval e industrial, avaliación de riscos, certificación de servizos e sistemas de xestión. Durante o século XX Lloyd's Register diversificou o negocio naval a outros sectores como o petróleo e o gas, industrias, enerxía nuclear e ferrocarril.
Lloyd's Register of Shipping | |
---|---|
Tipo | Sociedade de clasificación |
Fundación | 1760 |
Localización | 71 Fenchurch St, Londres, Reino Unido |
Persoas clave | Thomas Thune Andersen (presidente) Richard Sadler (CEO) |
Industria | Naval, química, enerxía, gas e petróleo |
Produtos | Asesoramento, avaliación de riscos |
Beneficio | 881 millóns de £ |
Número de empregados | 7555 |
Na rede | |
http://www.lr.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Lloyd Ltd Quality Assurance (LRQA) tamén ofrece asesoramento en sistemas de certificación ISO 9001, ISO 14001 e OSHAS 18001. As orixes da sociedade están en Lloyd's Register of Shipping, empresa adicada á clasificación de buques. Lloyd's Register é a máis antiga sociedade de clasificación de buques do mundo e unha das tres maiores. As outras dúas son: American Bureau of Shipping e Det Norske Veritas.
A orixe da sociedade está no mercado de seguros de Londres, Lloyd's of London. No século XVII no café de Edward Lloyd reuníanse armadores, aseguradores, comerciantes, mariños e outros. O propietario do café comezou a publicar unha folla coa información que lle daban e escoitaba aos clientes. En 1760, a Register Society estaba formada polos clientes da cafetería que montou o Register of Shipping, o primeiro rexistro naval coñecido do seu tipo. Entre 1800 e 1833, unha liorta entre armadores e aseguradores fixo que cada un publicara unha lista independente: o "Libro Vermello" e o "Libro Verde"[1].
A Sociedade de clasificación imprimiu o seu primeiro Rexistro de Buques en 1764 para dar unha idea aos aseguradores e os comerciantes do estado dos buques que aseguraban e fretaban[2]. Os cascos dos buques foron clasificados nunha escala de letras (dende A, a mellor). O equipamento dos buques (paus, aparellos e outros equipos) clasificouse por número (dende 1, o mellor). O mellor buque co mellor equipamento era clasificado como "A1", clasificación empregada por primeira vez na edición do Rexistro de 1775-76. Canto mellor era esta clasificación menos cobraban as aseguradoras aos armadores polo frete do buque. O buque podía cumprir unha parte da normativa pero non outra. Dende finais do século XX só existe a clasificación A1, cumprimento de toda a normativa.
O Rexistro publícase anualmente con información sobre tódolos buques e artefactos flotantes mariños autopropulsados de igual ou máis de 100 toneladas de arqueo bruto. Un buque queda rexistrado en Lloyds ata que afunda, naufrague ou sexa despezado.
O Rexistro foi publicado primeiramente pola empresa conxunta de Lloyds Register-Fairplay, constituída en xullo de 2001 pola fusión de Lloyd's Register's Maritime Information Publishing Group e Prime Publications Limited. Lloyd vendeu a súa participación na empresa a IHS en 2009.
Lloyd ofrece garantía de calidade e certificación de buques, plataformas Off Shore e en terra instalacións como centrais eléctricas e infraestrutura ferroviaria. Lloyd é máis coñecido pola clasificación e certificación de buques, e inspecciona e aproba importantes compoñentes e accesorios, incluídos o equipamento de salvamento, prevención da contaminación mariña, protección contra incendios, navegación, equipamento de radiocomunicacións, equipo de cuberta, cadeas, rodetes e áncoras. As normas de certificación inclúen toda a vida do buque. Dende o deseño inicial ata o seu mantemento pasando pola construción, probas de mar e certificación de tódalas reparacións.
A normativa de clasificación de Lloyd para buques deriva dos principios da Enxeñería Naval e a experiencia náutica. Son aplicacións de seguridade e operación para buques mercantes (graneis sólidos e líquidos, contedores, carga rodante etc), militares e buques particulares de todo o mundo.
A normativa refírese a:
Existen normativas específicas en función de cada tipo de buque: mercantes, buques de guerra, trimaráns, embarcacións para fins especiais e Off Shore.
Un buque está in class se cumpre con tódolos requisitos mínimos das Regras de Lloyd, e nun estado que permita a posibilidade do buque para conseguir un seguro. O certificado in class pode ser retirado ao buque se está en violación dos regulamentos e non mantén os requisitos mínimos estipulados pola empresa. En circunstancias excepcionais pódese xustificar unha dispensa especial do Rexistro de Lloyd. Calquera alteración do buque, se é unha alteración estrutural ou na maquinaria, deberá ser aprobada por Lloyds Register antes da súa aplicación, durante a mesma e unha vez feita.
Os buques son inspeccionados periodicamente por un equipo de inspectores Lloyd. Un dos controis máis importantes son os anuais da liña de carga: a inspección do casco para asegurarse de que a liña de carga non foi alterada. Outras inspeccións como a estanquidade das comportas e zapóns, barreiras de seguridade e varandas. Unha vez finalizada satisfactoriamente o buque está autorizado a operar un ano máis, e expídese un certificado de francobordo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.