![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/74/Listeria_monocytogenes_PHIL_2287_lores.jpg/640px-Listeria_monocytogenes_PHIL_2287_lores.jpg&w=640&q=50)
Listeria monocytogenes
From Wikipedia, the free encyclopedia
Listeria monocytogenes é unha especie de bacterias grampositivas que causa unha infección chamada listeriose. É un organismo anaerobio facultativo, que pode sobrevivir en presenza ou en ausencia de oxíxeno. Pode crecer e reproducirse dentro das células hóspede e é un dos patóxenos máis virulentos que poden estar presentes nos alimentos, ata o punto de que entre o 20 e o 30 % das infeccións clínicas por esta bacteria acaban sendo mortais.[1] A listeriose é a principal causa de morte por infeccións alimentarias, superando en taxas de mortalidade a Salmonella e Clostridium botulinum.
Listeria monocytogenes | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Listeria monocytogenes. | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Listeria monocytogenes (E. Murray et al. 1926) Pirie 1940 |
Presenta motilidade por medio de flaxelos a 30 °C ou menos, pero xeralmente non a 37 °C,[2] L. monocytogenes pode moverse entre as células eucariotas sen usar os flaxelos pola polimerización explosiva de filamentos da proteína actina, o que se coñece como "colas de cometa" ou "foguetes de actina".
Algúns estudos suxiren que ata o 10% do tracto gastrointestinal humano pode estar colonizado por L. monocytogenes.[1] Con todo, as enfermidades clínicas debidas a L. monocytogenes son máis frecuentes en veterinaria que en medicina humana, especialmente as meningoencefalites en ruminantes.
Debido á súa frecuente patoxenicidade, que causa meninxite en neonatos (adquirida transvaxinalmente), as nais preñadas deben ter coidado ao comer queixos que poidan estar contaminados coa bacteria.[3] É a terceira causa máis común de meninxite en neonatos.