moeda do Reino de Italia (1805-1814) From Wikipedia, the free encyclopedia
A lira italiana napoleónica foi, xunto co franco francés, a moeda oficial do Reino de Italia baixo o poder napoleónico, entre 1806 e 1814.
Lira italiana napoleónica † | |
---|---|
Lira italiana napoleonica en italiano | |
Ámbito: | Reino de Italia |
Fracción: | 100 centésimos. |
Moedas: | 1, 3 e 10 centésimos. 1, 5, 10 e 15 soldos. 1, 2, 5, 20 e 40 liras. |
Emisor: | Banco de Francia |
De xeito análogo ao caso de Francia, a moeda baseada no vello sistema diñeiro, o soldo e a libra —chamada lira en Italia— mantívose vixente ata o século XVIII. Co éxito da Revolución Francesa e o nacemento da I República, o 7 de outubro de 1793, intentouse introducir en Italia unha nova moeda decimal con base na republicana francesa, cunha unidade de 9 gramos de prata fina.[1] Francia cambiou a súa moeda nacional o 7 de abril de 1795, pasando da libra tornesa ao franco francés, que quedou regulado definitivamente pola Lei do 7 de abril de 1803. O franco debía ser de 900 milésimas de prata e cuñaríanse tamén moedas de 20 francos de ouro, igualmente de 900 milésimas, cun peso teórico de 6,251612 g, creando así un sistema bimetálico cunha relación entre o ouro e a prata de 1:15,5.[2]
En 1796, co inicio da Campaña de Italia dirixida por Napoleón Bonaparte, o nacemento das "repúblicas irmás" e a conquista de Italia, as moedas utilizadas na Península Itálica sufriron unha transformación.[2] No Reino de Sardeña, substituído no período napoleónico pola República Subalpina, o escudo piemontés foi substituído polo franco e, mediante un decreto do 13 de marzo de 1801, ordenouse a emisión de moedas de 5 e de 20 francos desta república.[3] A moeda de 5 francos seguía as prescricións establecidas en Francia en 1795, en tanto que a de 20 francos, cuñada en homenaxe da batalla de Marengo, se cuñou cuns parámetros de tamaño diferentes, que se oficializarían dous anos despois, mediante unha lei de 1803.[4] Na República Lígur reorganizouse a moeda coa introdución dun novo sistema baseado na lira xenovesa;[5] no Reino de Etruria a situación seguiu a ser confusa e arraigou a cuñaxe do florín do Gran Ducado de Toscana;[2][6] finalmente, no Reino das Dúas Sicilias mantívose a piastra ata 1812, cando Joachim Murat introduciu a nova lira napolitana, copia fiel do franco francés e que se mantivo en circulación durante tres anos[7].[8]
Na Italia noroccidental Napoleón creou en 1805 o chamado Reino de Italia, que polo Decreto do 21 de marzo de 1806 pasou a dotarse dunha nova moeda, intercambiable co franco francés á par, a lira italiana.[9] Cuñáronse en cobre moedas de 1, 3 e 5 centésimos, en billón a de 10 centésimos, en para as de 25, 50 e 75 centésimos, e 1, 2 e 5 liras, e en ouro de 20 e 40 liras, todas elas cos pesos e coas medidas establecidas pola citada lei de 1803.[10][11]
Todas estas moedas foron deseñadas e gravadas polo escultor e medallista boloñés Luigi Manfredini (1771-1840), e da súa produción encargáronse as cecas de Boloña, Milán e Venecia.[12]
Nome | Imaxe | Príodo | Parámetros técnicos | Cecas | Tiraxe | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Peso | Módulo | Aliaxe | |||||
1 centésimo [13] |
1807-1813 | 2,1 g | 19 mm | Cobre
95 % |
Boloña
Milán Venecia |
51.132.733 | |
3 centésimos [14] |
6,3 g | 24 mm | 19.087.136 | ||||
Soldo (5 cent.) [15] |
10,9 g | 27 mm | 15.297.819 | ||||
10 centésimos [16] |
1808-1813 | 2,0 g | 18 mm | Prata
20 % |
Milán | 6.665.007 | |
5 soldos (25 cent.) [17] |
1808-1814 | 1,2 g | 15 mm | Prata
90 % |
Boloña
Milán Venecia |
10.381.586 | |
10 soldos (50 cent.) [18] |
2,5 g | 18 mm | 6.399.013 | ||||
15 soldos (75 cent.) [19] |
3,7 g | 21 mm | Milán | 52.999 | |||
1 lira [20] |
5,0 g | 23 mm | Boloña
Milán Venecia |
5.131.340 | |||
2 liras [21] |
10 g | 28 mm | 3.020.176 | ||||
5 liras [22] |
25 g | 38 mm | 17.533.111 | ||||
20 liras [23] |
6,4 g | 21 mm | Ouro
90 % |
Milán | 454.506 | ||
40 liras [24] |
1807-1814 | 12,9 g | 26 mm | 878.503 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.