From Wikipedia, the free encyclopedia
As linguas dárdicas son un grupo de linguas indoiranias faladas na parte oriental de Afganistán, no norte de Paquistán (NWFP) e no disputado estado de Xammú e Caxemira.
Dárdico | ||
---|---|---|
Falado en: | Afganistán, Nuristán e noroeste de Xammú e Caxemira. | |
Rexións: | Chitral, | |
Total de falantes: | ||
Familia: | Indoeuropea Indoarias Dárdico | |
Escrita: | De facelo usan a escrita perso-arábiga ou urdú-arábigo | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | - | |
ISO 639-2: | - | |
ISO 639-3: | -
| |
SIL: | -
| |
Mapa | ||
. | ||
Status | ||
O grupo dárdico foi tradicionalmente definido coma un subgrupo das linguas indoarias as que experimentaron unha forte influencia dende as linguas nuristanesas e as linguas iranias. O nuristanés, un grupo de linguas faladas no nordeste Afganistán, ás veces foi incluído no grupo dárdico, pero hoxe menténse coma un grupo independente, coma un dos tres subgrupos do indoiranio.[1]
O iranista noruegués Georg Morgenstierne escribiu que o Chitral é a área de máis diversidade lingüística do mundo. Aínda que do dárdico o khowar é a lingua máis predominante do Chitral, máis de dez linguas fálanse nesta área. Estas inclúen as dárdicas calaxa-mun, palula, dameli, gawar-bati, as nuristanís, idgá, buruxasquí, guxar, vakhí, a lingua kirguiz, as linguas iranias taxico e paxtó. Moitas destas linguas non se usan na escritura, non teñen unha norma gráfica para escribílas. Ás veces para redactar unha carta usan o sistema urdú ou persa.
Agás o caxemirés, tódalas linguas dárdicas son linguas minoritarias as que non foron o suficientemente estudadas. Na maioría dos casos son faladas en áreas de difícil acceso debido ás montañas e/ou aos conflitos armados da rexión. Tódalas linguas (incluíndo o caxemirés) foron influenciados polas linguas veciñas non dárdicas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.