Linguas araucanas
familia lingüística / From Wikipedia, the free encyclopedia
As lingua araucanas[1] son unha pequena familia de linguas que agrupa linguas indíxenas faladas no centro de Chile e nas áreas circundantes na Arxentina. Os representantes vivos desta familia son o mapuche (ISO 639-3: arn) e o huilliche (ISO 639-3: huh), faladas respectivamente polos pobos mapuche e huilliche. Estas linguas son ás veces consideradas dialectos diverxentes dunha soa lingua illada.