Lingua romaní
lingua propia do pobo xitano / From Wikipedia, the free encyclopedia
O romaní[2] é a lingua propia do pobo xitano (rom). É unha lingua indoeuropea, orixinaria da zona noroeste da antiga India e o centro de Paquistán, enriquecida con palabras prestadas das linguas que se falaban nos países polos que os xitanos foron pasando. Calcúlase que ten máis de 1.000 anos de existencia e que se desenvolveu en diversos países de Europa e mais en Turquía.
Datos rápidos Romaní Romani ćhib, Status oficial ...
Romaní Romani ćhib | ||
---|---|---|
Falado en: | Romanía Macedonia do Norte Serbia España Eslovenia Hungría Alemaña Rusia Noruega Finlandia Turquía | |
Total de falantes: | 4,8 millóns | |
Familia: | Indoeuropea Indoirania Indoaria Central Romaní | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Recoñecida como lingua minoritaria en Alemaña, Austria, Eslovaquia, Eslovenia, Finlandia, Montenegro, Países Baixos, Romanía, Serbia e Suecia. | |
Regulado por: | Non ten regulación oficial | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | rom | |
ISO 639-2: | rom | |
ISO 639-3: | rom
| |
Mapa | ||
Distribución das variedades do romaní. | ||
Status | ||
Pechar
O 5 de novembro celébrase o Día Internacional da Lingua Romaní. Foi proclamado en 2015 pola UNESCO co obxectivo de fomentar a preservación do idioma e a cultura romaníes e mellorar o benestar do pobo romaní.[3]