From Wikipedia, the free encyclopedia
A lingua omaha-ponca[2] é unha lingua síux falada polo pobo omaha de Nebrasca e o pobo ponca de Nebrasca e Oklahoma. Os dous dialectos difiren minimamente mais son considerados linguas diferentes polos seus falantes.[3]
Omaha Umoⁿhooⁿ | ||
---|---|---|
Falado en: | Estados Unidos | |
Rexións: | Nebrasca e Oklahoma | |
Total de falantes: | 85 (2007) | |
Familia: | Síux Síux occidental Síux do val do Mississippi Dhegiha Omaha | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | oma
| |
Mapa | ||
Distribución do omaha-ponca antes da colonización. Distribución actual da lingua. | ||
Status | ||
Existen uns 60 falantes de omaha, dos cales 25 son falantes fluídos, e tamén existe unha presa de falantes semi-fluídos de Ponca.
A Universidade de Nebrasca ofrece clases en lingua omaha, e o seu proxecto "Omaha Language Curriculum Development Project" (OLCDP) achega materiais en liña para aprender a lingua.[4][5][6][7] En febreiro de 2015, un artigo cifraba o número de falantes fluídos en 12, todos eles con máis de 70 anos, entre os cales había dous profesores cualificados. O consello tribal estima unhas 150 persoas con algunha habilidade coa lingua. A lingua é ensinada na Escola Pública Nacional Umónhon.[8] Unha aplicación para iPhone en lingua omaha foi desenvolvida pola Omaha Nation Public Schools (UNPS) e o Omaha Language Cultural Center (ULCC).[9] Os membros do pobo osage de Oklahoma expresaron o seu interese nunha colaboración como base para revitalizar a lingua osage.[8]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.