Lingua mochica
lingua que se falaba no Perú From Wikipedia, the free encyclopedia
lingua que se falaba no Perú From Wikipedia, the free encyclopedia
A lingua mochica, yunga ou yunka (muchik) é unha das linguas que se falaban na costa e parte da serra norte do Perú. Foi unha das linguas xerais do país na chegada dos conquistadores españois (século XVI) como o foron tamén o quechua, o aimará, o quingnam, o uru e o puquina.
O mochica amosa moitas características radicalmente diferentes das linguas quechuas e da lingua aimará, as dúas meirandes familias lingüísticas andinas, que si intercambiaron gran cantidade de léxicos.[2] A investigación realizada por Alfredo Torero sobre esta lingua ten como fonte de datos principal a Gramática de la lengua yunga que escribiu en 1644 o sacerdote peruano Fernando de la Carrera Daza. Do mesmo xeito, toma en conta o Rituale seu Manuale Peruanum de Luis Jerónimo de Oré de 1607 con só seis páxinas sobre o mochica escritas por un autor anónimo (este manual recolle oracións e sermóns breves en varias linguas da época). Ademais, considérase tamén a lista de voces mochicas que elaborou o bispo Baltazar Martínez Compañón a finais do século XVIII e a obra de Ernst Middendorf, Das Muchik oder die Chimu-Sprache de 1892.
A comezos do século XXI, algunhas institucións lambayecanas como o capítulo local do INCe algúns colexios de Chiclayo comezaron programas de ensino desta lingua sobre a base da bibliografía rescatada polos investigadores, como a gramática de De la Carrera.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.