From Wikipedia, the free encyclopedia
O meglenorromanés[2] é unha lingua romance integrante do conxunto das linguas romances orientais, emparentado co romanés que se fala nalgunhas poboacións do norte de Grecia e o sur de Macedonia do Norte.
Meglenorromanés Vlăşească | ||
---|---|---|
Falado en: | Grecia Macedonia do Norte Romanía Turquía | |
Total de falantes: | 5.000-12.000 | |
Familia: | Indoeuropea Itálica Románica Románica oriental Balco-románica Meglenorromanés | |
Escrita: | alfabeto latino | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Non é oficial | |
Regulado por: | Non ten regulación oficial | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | roa | |
ISO 639-3: | ruq
| |
Mapa | ||
Status | ||
Os falantes deste idioma denomínanlle vlaheshte (valaco), mentres que en romanés, do cal moitas veces é considerado un dialecto, chámaselle limba meglenoromână. O megleno-romanés é falado en 2006 por tan só entre cinco mil e doce mil persoas, principalmente no val do río Meglená, poucos quilómetros ao nordés de Salónica, nas prefecturas gregas de Kilkís e Serres e en menor número en Macedonia do Norte inmediatos á fronteira grega próxima ao Meglená. Ao concluír a primeira guerra mundial uns 1.200 megleno-romaneses emigraron cara Romanía estabelecéndose no poboado de Cerna, distrito de Tulcea mais, dadas as afinidades lingüísticas, o idioma megleno-romanés diluíuse ante o idioma dacorrumano.
É moi probable que o megleno-romanés derive do arromanés, por outra banda, dadas as moitas afinidades co istro-romanés algúns lingüistas consideran que o megleno-romanés é transnacional entre o arromanés e o istro-romanés.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.