From Wikipedia, the free encyclopedia
A lingua haida[2] (X̱aat Kíl, X̱aadas Kíl, X̱aayda Kil, Xaad kil)[3] é a lingua do pobo haida, falada no arquipélago Haida Gwaii da costa oeste do Canadá e na Illa Príncipe de Gales de Alasca. É unha lingua gravemente ameazada segundo o libro da UNESCO, xa que só ten uns 24 falantes nativos, aínda que se están a poñer en marcha medidas para a súa revitalización. No tempo da chegada dos europeos a Haida Gwaii en 1774, cóidase que o número de falantes de haida era dunhas 15 000 persoas. Porén, as epidemias minguaron drasticamente a poboación haida, que se viu limitada a tres vilas: Masset, Skidegate e Hydaburg. As actitudes positivas cara á asimilación, combinadas coa prohibición de falar haida nas escolas, conduciron a unha forte diminución no uso da lingua, e hoxe en día case todos os haida étnicos empregan o inglés para comunicarse.
Haida 'X̱aat Kíl, X̱aadas Kíl, X̱aayda Kil, Xaad kil' | ||
---|---|---|
Falado en: | Canadá (Haida Gwaii) Alasca (Illa Príncipe de Gales) | |
Total de falantes: | 50 (2007–2014) | |
Familia: | Illada Haida | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Consello da Nación Haida Alasca | |
Regulado por: | Non regulación oficial | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | hai | |
ISO 639-3: | hai
| |
Mapa | ||
Status | ||
A clasificación da lingua haida é obxecto de controversia, xa que algúns lingüistas considérana unha lingua na-dené ó tempo que outros coidan que é unha lingua illada. O haida divídese nos dialectos do norte e do sur, que difiren principalmente na fonoloxía.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.