lingua morta da familia iroquesa From Wikipedia, the free encyclopedia
A lingua erie é unha lingua morta e pobremente documentada que pertence á familia iroquesa, e que foi falada outrora polo pobo erie. Crese que era semellante ao wyandot, aínda que a falta de máis información impide afirmar que esta conclusión sexa correcta. Houbo poucas conexións entre os europeos e os erie, mais sábase que foron pacíficos cos franceses e neerlandeses, e hostís cos ingleses.
Erie | ||
---|---|---|
Falado en: | Estados Unidos de América | |
Rexións: | Sur do lago Erie | |
Extinción: | século XVII | |
Familia: | Americana Iroqués Iroqués do norte Erie | |
Escrita: | latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
Mapa | ||
Status | ||
Os termos rrie e rriez son versións curtas de erielhonan, que quere dicir "rabo longo", referíndose ás panteras locais. Os erie eran chamados "pobo gato" (Nation du Chat en francés; Hodge 1910,[2] É probable que para os iroqueses, o puma e o gato salvaxe fosen referidos orixinalmente co mesmo termo xenérico, e que o termo definitorio sobrevivise como o nome de puma ou pantera.
Era unha tribo populosa e sedentaria de fala iroquesa. No século XVII, os erie ocupaban un territorio que se estendeu ao sur dende o lago Erie probablemente ata o río Ohio, ao leste ata as terras dos conestoga ao longo da conca hidrográfica leste do río Allegheny. Pensábase que a súa lingua se asemellaba á dos hurons (wyandot), coñecido como pobo iroqués.[3][4]
Polo menos unha palabra sobreviviu da lingua erie como préstamo en inglés: Chautauqua, aínda que a súa definición e tradución son incertas.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.