lingua morta do nordeste de México e sur de Texas From Wikipedia, the free encyclopedia
O coahuilteco foi unha lingua da familia pakawana que foi falada no sur de Texas (Estados Unidos) e no nordeste de Coahuila (México).[2] É unha lingua morta dende o século XVIII. Era falada polos coahuiltecos, un pobo indíxena nómade que habitaba a rexión, que en México correspondía aproximadamente á metade do territorio actual de Coahuila e gran parte do norte de Nuevo León e Tamaulipas.[3]
Esta lingua parece ter sido a lingua franca dos coahuiltecos que vivían preto das misións católicas estabelecidas en San Antonio no século XVIII. É case seguro que se falaron moitas máis linguas, mais numerosos grupos coahuiltecos desapareceron entre os sécuos XVI e XIX e as súas linguas non foron rexistradas. Os alazapas de Nuevo León foron un dos últimos pobos coahuiltecos que se recoñecía como tal aínda no século XIX.[4][5]
O coahuilteco foi agrupado nunha familia coahuilteca homónima por John Wesley Powell en 1891, máis tarde ampliado por membros propostos adicionais por Edward Sapir. Máis tarde, Ives Goddard tratou todas estas conexións con desconfianza, deixando ao coahuilteco como lingua illada. Manaster Ramer (1996) argumenta que a agrupación coahuilteca orixinal máis estreita de Powell é solido, renomeándoa a pakawana para distinguila da proposta posterior máis ampla.[6] Esta proposta foi impugnada por Campbell,[7] que considera que as súas correspondencias sonoras non están apoiadas e considera que algunhas das semellanzas observadas entre as palabras poden deberse ao préstamo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.