variante do romaní From Wikipedia, the free encyclopedia
A lingua caló[1][2] é unha lingua variante do romaní, onde se encadra dentro do grupo setentrional, subgrupo ibérico/occidental, utilizada polo pobo xitano, fundamentalmente en España, que non ten unha distribución territorial fixa. Fálao unha poboación estimada de entre 65 000 e 170 000 persoas en España, Francia, Portugal e o Brasil; aínda que tamén se fala en moitos outros países. Posúe unha marcada influencia das linguas romances coas que convive, fundamentalmente do castelán e, en moita menor medida, do éuscaro, que non é lingua romance. Ten varios dialectos: caló español, caló catalán, caló occitano (extinto), caló vasco ou erromintxela, caló portugués, caló angolano e caló brasileiro.
Caló | ||
---|---|---|
Falado en: | España, Portugal, sur de Francia e América Latina | |
Total de falantes: | 400 000 no Brasil 40 000 en España (1980) | |
Familia: | Linguas Crioulas Crioulo de base romaní e romance Caló | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | rmq
| |
Mapa | ||
Status | ||
Non se atopa protexida por España na Carta Europea das Linguas Minoritarias ou Rexionais porque non a nomean as comunidades autónomas para a súa protección, xa que España considerou na firma do tratado como linguas minoritarias só as que as autonomías sinalasen nos seus Estatutos de Autonomía. En ningunha das comunidades autónomas se nomea esta lingua non territorial.[3] Tampouco foi considerada para a súa protección nin por Francia nin por Portugal, que non ratificaron a protección de ningunha lingua que non sexa a oficial de cada Estado. En todo caso, como o resto do romaní, é unha lingua minorizada polos idiomas dominantes.
Orixinouse pola substitución lingüística da lingua orixinal xitana, o romaní, polas linguas romances da súa contorna, fundamentalmente o castelán. As linguas dominantes da súa contorna considerárono como unha xerga de ocultación da comunidade étnica. As medidas de protección son escasas e non está considerada lingua minoritaria polos Estados onde se fala (noutros Estados si consideran o romaní lingua minoritaria a protexer).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.