Lieiro, Cervo
parroquia civil do concello de Cervo / From Wikipedia, the free encyclopedia
Santa María de Lieiro é unha parroquia que se localiza no concello de Cervo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 2.670 habitantes (1.359 mulleres e 1.311 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.713 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 2.362 habitantes, sendo 1.167 homes e 1.195 mulleres. Onda o lugar de San Cibrao está situada unha importante factoría de Alumina-Aluminio, actualmente Alcoa.
Datos rápidos Concello, Provincia ...
Lieiro | |
---|---|
vista da vila de San Cibrao | |
Concello | Cervo[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°41′34″N 7°26′44″O |
Poboación | 2.375 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 7[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar