From Wikipedia, the free encyclopedia
O liñaceiro paponegro[2][3][4] (Acanthis flammea, antes Carduelis flammea) é unha especie de paseriforme da familia dos pimpíns (Fringillidae). Reprodúcese algo máis ao sur que o Acanthis hornemanni, tamén vive en hábitats con matogueiras ou arbustos.
Liñaceiro paponegro | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho en Quebec, Canadá | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
En laranxa a área de nidificación, en violeta a área en que está presente todo o ano e en azul a área de invernada. | |||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
O liñaceiro paponegro foi incluído por Linnaeus en 1758 na 10ª edición da súa obra Systema Naturae co nome binomial Fringilla flammea.[5][6] O xénero actual Acanthis procede do grego antigo akanthis, un nome dun paxaro mal identificado, e flammea, en latín 'de cor das lapas'.[7]
Anteriormente estivera situado no xénero Carduelis. Os estudos de filoxenética molecular mostraron que o Acanthis hornemannii e esta especie formaban unha liñaxe diferfenciada, polo que ambas as especies foron situadas xuntas no xénero resucitado Acanthis.[8][9]
A subespecie nominal A. f. flammea reprodúcese no norte de América do Norte e Eurasia. Existe tamén unha subespecie islandesa (A. f. islandica), e outra que se reproduce en Groenlandia e illa de Baffin (A. f. rostrata). Moitas autoridades taxonomicas consideran que o Acanthis cabaret é unha forma subespecífica do liñaceiro paponegro.[9][10] Xunto cos formas islandesa e groenlandesa denomínanse ás veces na literatura 'liñaceiros do noroeste'. Todas as formas migran ao sur do Canadá, norte dos Estados Unidos ou Eurasia. Estas aves son moi resistentes ao frío[11] e os desprazamentos que fan en inverno son pulados principalmente pola dispoñibilidade de comida. Hai dúas poboacións distintas (unha máis clara e outra máis escura) reunidas en islandica, cuxa relación non está resolta.[12]
É un pequeno paxaro de cor cincenta amarronada con liñas escuras e unha mancha vermella vistosa na fronte. Ten un papo negro e dúas liñas claras nas ás. Os machos a miúdo teñen o peito bañado de vermello. É máis pequeno, máis marrón e con máis manchas liñais que o xeralmente similar Acanthis hornemannii, e os adultos miden entre 11,5 e 14 cm de lonxitude e pesan entre 12 e 16 g. A rabadilla ten liñas e hai unha liña marrón escura ancha a través do ano. Ten patas marróns, bicos amrelados con punta escura e iris marróns escuros.[13]
O A. f. flammea é maior e máis claro que o Acanthis cabaret co cal a miúdo se mestura, aparentemente sen que haxa unha hibridación significativa aínda que a simpatría entre eles se estableceu demasiado recentemente como para poder tirar conclusións.[14] O macho de A. f. flammea é máis escuro que a especie de similar tamaño Acanthis hornemannii, pero as femias son case idénticas.
A área de distribución do liñaceiro paponegro esténdese ao longo do norte de Europa e Asia ata o norte de Norteamérica, Groenlandia e Islandia. É unha migrante parcial, que se despraza ao sur a finais do outono e ao norte de novo en marzo e abril. En Galicia é unha ave accidental.[3] O seu hábitat típico é o bosque boreal de piñeiros, piceas e lárices. Aliméntase principalmente de sementes, principalmente sementes de bidueiros e amieiros no inverno.[13]
Constrúe os seus niños baixos nunha árbore ou arbusto. O niño ten unha capa externa de ramiñas delgadas, unha capa media de fibras de raíces, fragmentos de codia de cimbros e liques e unha capa interna de penuxe, xemas de salgueiro e pelo de reno. Poñen de tres a sete ovos con manchas, que incuba a femia. Fan eclosión pasados once días e os polos empluman noutros trece días máis.[13]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.