From Wikipedia, the free encyclopedia
Leptictidium tobieni é unha especie de mamífero extinto do Eoceno descuberto en Alemaña. É a meirande das oito especies do xénero Leptictidium, cos ósos longos das extremidades entre un 9% e un 15% máis longos que os de L. nasutum. O holotipo é un esqueleto completo e perfectamente preservado dun exemplar adulto, proveniente do xacemento de Messel, que corresponde ó Luteciano.[1][2] Tamén hai un paratipo; un exemplar incompleto e mal conservado que se atopa no Real Instituto Belga de Ciencias Naturais. Ten a mandíbula relativamente robusta, cousa pouco habitual no xénero Leptictidium. En troques, os premolares e molares están aínda máis atrofiados que na especie L. nasutum. Wighart von Koenigswald e Gerhard Storch describírono e déronlle nome no ano 1987. Clasificárono dentro do grupo dos proteuterios, un taxon «caixón de xastre» que agrupaba moitas especies diferentes de mamíferos insectívoros. Porén, máis adiante descubriríase que os proteuterios son un grupo artificial[3] e os leptíctidos foron reclasificados nunha orde propia.
Leptictidium tobieni Rango fósil: Eoceno medio | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ilustración dun dente molar de L. tobieni | |||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||
Extinto (fósil) | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Nome binomial | |||||||||||
'Leptictidium tobieni' Von Koenigswald e Storch, 1987 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.