soprano estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Mary Violet Leontyne Price, nada o 10 de febreiro de 1927 en Laurel (Mississippi),[1] é unha soprano estadounidense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Mary Violet Leontyne Price 10 de febreiro de 1927 (97 anos) Laurel, Estados Unidos de América (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Grupo étnico | Afroamericano |
Educación | Escola Juilliard Central State University (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Nova York |
Ocupación | cantante de ópera |
Período de actividade | 1952 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Ópera e música popular |
Lingua | Lingua inglesa |
Tesitura | Soprano |
Selo discográfico | RCA Victor |
Familia | |
Cónxuxe | William Warfield (1952–1973), divorcio |
Premios
| |
|
Acadou recoñecemento internacional nas décadas de 1950 e 1960, e foi a primeira afroamericana en devir artista principal na Ópera do Metropolitan.[2][3]
Cunha voz soprano lírico spinto, foi considerada especialmente adecuada para interpretar papeis de Giuseppe Verdi e Giacomo Puccini, así como as óperas de Wolfgang Amadeus Mozart.
Despois de retirarse dos escenarios da ópera en 1985, continuou aparecendo en recitais e concertos orquestrais até 1997.
Entre os numerosos recoñecementos e honras á súa traxectoria artística, destacan a Medalla Presidencial da Liberdade (1964), a Medalla Spingarn (1965),[4] o Premio Kennedy (1980), a Medalla Nacional das Artes (1985), 19 Premios Grammy por recitais de ópera e óperas enteiras e un Grammy á carreira artística (1989), máis que calquera outra cantante clásica.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.