vastísimo continente mitolóxico que precedeu á Atlántida From Wikipedia, the free encyclopedia
Lemuria (etimoloxía: de Lémur) é un termo mitolóxico que actualmente se utiliza en teosofía para designar un vastísimo continente que, segundo a Doutrina Secreta do Oriente, precedeu á Atlántida.
Lemuria constituía un xigantesco continente, anterior a África e á Atlántida. Foi destruída por efecto dos terremotos e dos lumes subterráneos, e mergullada no fondo do océano hai algúns millóns de anos, deixando só como recordo dela varios picos das súas máis altas montañas, que agora son outras tantas illas, entre as cales figura a chamada Illa de Pascua, famosa polas súas estatuas xigantescas, que reflicten algunhas características das súas poboacións humanas.
Este vastísimo continente, comprendía Suráfrica, Madagascar, Sri Lanka, Sumatra, o océano Índico, Australia, Nova Zelandia, estendéndose ata gran parte do sur do océano Pacífico. Foi o berce e residencia da Terceira Raza Nai, ou sexa, da primitiva humanidade física e sexual, que naqueles remotos tempos tiña unha estatura xigantesca, era andróxina e hermafrodita, e reproducíase mediante brotes; aínda que, máis tarde, diferenciaríanse en dous sexos, dando paso á Cuarta Raza Nai.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.