Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
A androxinia[1] é a cualidade pola cal un ser presenta cualidades masculinas e femininas ao mesmo tempo. A palabra é de orixe grega, e está formado por andrós (home) e gyné (muller). Deriva do grego Androgynos
O termo foi mencionado por primeira vez por Platón, que na súa obra O banquete menciona un ser especial que reunía no seu corpo o sexo masculino e o feminino ou outras combinacións. Segundo relata o mito, estes seres intentaron invadir o Monte Olimpo, lugar onde vivían os deuses. Zeus, anoxado ao se decatar disto, lanzoulles un raio, partíndoos pola metade. Desde entón, quedaron divididos e os homes e as mulleres andan na procura da outra metade. Este mito dá explicación á homosexualidade e heterosexualidade na antigüidade, xa que segundo o relato había andróxinos compostos por dúas metades homes e dúas metades mulleres. A interpretación do amor como unha forza que empuxa a unha persoa a buscar o seu complemento psicolóxico na relación de parella con outra persoa (a súa "alma xemelga").
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.