especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
A leiterena frondosa (Euphorbia esula) é unha especie de Euphorbia, nativa[1][2] dos Azores, sur e centro de Europa, incluíndo Galicia[3], e gran parte de Asia: Oriente Medio, Cáucaso, Siberia oriental, China e Corea. Tamén está presente como especie naturalizada no Canadá, os Estados Unidos, México, Dinamarca, Noruega e o Reino Unido.[4]
Euphorbia esula | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Euphorbia esula' L. |
É unha planta perenne herbácea que medra ata 1-1,2 metros de altura, con talo ramificado desde a base, os talos son lisos ou lixeira ou completamente, pilosos. As follas son pequenas, lanceoladas de entre 4 e 8,5 cm de longo e 1 cm de largo, cun bordo lixeiramente ondulado. As flores son pequenas, producidas en umbelas cun par basal de brácteas semellantes a pétalos de cor amarela verdosa brillante. Os acios de brácteas aparecen a fins da primavera, mentres as flores reais non se desenvolven ata o principio do verán. Todas as partes da planta conteñen o látex, líquido leitoso tóxico.[4][5]
Reprodúcese por sementes que teñen unha taxa alta de xerminación e que poden seguir sendo viables no terreo cando menos durante sete anos. As cápsulas da semente abren explosivamente, esparexendo a semente ata cinco metros da planta de orixe, e por medio da auga ou da fauna poden chegar moito máis lonxe. Tamén pode propagarse vexetativamente desde a raíz, que é complexa, chegando a se introducir ata 8 metros dentro da terra e cun largo de 5, e cpode ter numerosos abrochos.[6]
Existen dúas subespecies e un híbrido:[1][4]
Chegou a América do Norte a comezos do século XIX desde Europa dentro de lotes de sementes agrícolas, entrando en competencia coas plantas indíxenas en especial nas praderías, acaparando a auga e os nutrientes, e producindo toxinas que impiden o crecemento doutras plantas ao seu arredor. Por esta razón está identificada como unha herba danosa en varios parques nacionais e en reservas naturais de once estados e clasificada como especie invasiva polo Departamento de Agricultra dos Estados Unidos.[6][7] En Europa tamén é danosa localmente, así nas zonas de praderías inundables do Val de Saône é unha ameaza para unha quincena de plantas protexidas [8].
Pola súa natureza persistente a a súa capacidade de se rexenerar a partir de pequenos fragmentos das súas raíces, é moi difícil de erradicar, existindo programas de control biolóxico [9]. Tamén se empregan varios herbicidas sistemáticos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.