![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/7a/Prawo_i_Sprawiedliwo%25C5%259B%25C4%2587_%25287697769054%2529.jpg/640px-Prawo_i_Sprawiedliwo%25C5%259B%25C4%2587_%25287697769054%2529.jpg&w=640&q=50)
Lei e Xustiza
From Wikipedia, the free encyclopedia
Lei e Xustiza ( pronunciación (axuda · info) en polaco: Prawo i Sprawiedliwość, PiS) é un dos principais partidos políticos de Polonia, de ideoloxía católica, conservadora e de dereitas. Ostentou o goberno de Polonia durante a lexislatura de 2005 a 2007.
Lei e Xustiza | |
---|---|
![]() | |
Tipo | partido político |
Ideoloxía | conservadorismo nacionalista, conservadorismo social, Euroescepticismo, nacionalismo econômico, populismo de direita, Nacionalismo polaco, Anticomunismo, Solidarismo, estadismo e direita cristã |
Data de fundación | 13 de xuño de 2001 |
Fundador(es) | Lech Kaczyński, Jaroslaw Kaczynski e Ludwik Dorn |
Presidente/a | Jaroslaw Kaczynski (2003-) ![]() |
Nº de membros | 45.000 (2021) ![]() |
Sede | Varsovia e 84 Nowogrodzka Street in Warsaw |
País | Polonia |
Na rede | |
http://www.pis.org.pl | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/95/Jaros%C5%82aw_Kaczy%C5%84ski_%288736182554%29.jpg/640px-Jaros%C5%82aw_Kaczy%C5%84ski_%288736182554%29.jpg)
A maior parte dos seus membros fórono tamén de AWS (Acción Electoral Solidariedade - Akcja Wyborcza Solidarność). O partido PiS fundárono os xemelgos Jarosław e Lech Kaczyński, os cales ostentaron durante a lexislatura 2005-2007 de maneira simultánea os cargos de primeiro ministro e presidente da República respectivamente.
Nas eleccións xerais de 2001, o PiS obtivo un 9,5% e 44 escanos no Sejm (a cámara baixa do parlamento polaco, composta por 460 deputados). Nas eleccións de 2005 foi o partido máis votado cun 26,99% dos votos, 155 escanos e 49 representantes no Senado (sobre un total de 100), formando un goberno de coalición canda a Autodefensa da República de Polonia e a Liga das Familias Polacas. No 2007 e tras dous anos de goberno na que foi a lexislatura máis curta da historia democrática de Polonia, o goberno estivo forzado a convocar eleccións anticipadas despois de perder o apoio de Autodefensa cando o Primeiro ministro Jarosław Kaczyński destituíu ao viceprimeiro ministro e titular de Agricultura Andrzej Lepper por presuntos casos de corrupción. Nas eleccións anticipadas de 2007, o PiS perdeu fronte ao partido Plataforma Cívica de Donald Tusk. Os seus socios de goberno, a Liga e a Autodefensa, perderon a representación parlamentaria.