Lectura
interpretación de textos escritos / From Wikipedia, the free encyclopedia
A lectura[1] é o proceso que permite que, tras visualizar detidamente un texto, poidamos entender, interpretar ou maxinar o seu contido. A lectura é un acto comunicativo que precisa dun emisor, dunha mensaxe, dun código e dun receptor que o dea interpretado. A lectura non é unha actividade neutra: pon en xogo o lector e unha serie de relacións complexas co texto[2], o que le, o que desenvolve a lectura, é o receptor.
Weaver realizou tres definicións de lectura:
- Saber ler significa saber pronunciar as palabras escritas.
- Saber ler significa saber identificar as palabras e o significado de cada unha delas.
- Saber ler significa saber extraer e comprender o significado dun texto.[3]