Remove ads
estudo dos termos e do seu uso From Wikipedia, the free encyclopedia
Terminoloxía, en sentido amplo, refírese simplemente ao uso e estudo de termos, ou sexa, especificar as palabras simples e compostas dunha lingua que se usan xeralmente en contextos específicos.
Terminoloxía tamén se refire a unha disciplina máis formal que estuda sistematicamente a rotulación e a designación de conceptos particulares a un ou varios asuntos ou campos de actividade humana, por medio de investigación e análise dos termos en contexto, coa finalidade de documentar e promover o seu uso correcto. Este estudo pode ser limitado a unha lingua ou pode cubrir máis dunha lingua ao mesmo tempo (terminoloxía multilingüe, bilingüe, trilingüe etc).
Nas linguas hai amplas seccións do léxico exclusivamente denotativas. A súa estruturación non responde a criterios lingüísticos, senón que son os mesmos obxectos ós que fan referencia os que impoñen esa mesma estruturación. Non son campos semánticos, posto que non organizan significados lingüísticos senón obxectos (realidades). A palabra é nestes casos un substituto endosado á realidade.
O termo é un vocábulo lingüístico especial xa que carece do que Saussure chamou, como compoñente do signo lingüístico, significado: o significante refire directamente a realidade, de aí que sexan vocábulos puramente denotativos onde a connotación non ten cabida. Noutras palabras, na terminoloxía non cabe que aqueles que participan no acto de fala teñan unha idea propia e persoal (connotación do signo lingüístico) do significado da palabra, pois tal significado é puramente denotativo, exactamente igual á realidade extralingüística: cando un científico ou un alumno pronuncian a palabra mitocondria, ese significante non se refire á imaxe mental que eles se fan dunha mitocondria, senón ó que a mitocondria é na realidade extralingüística.
A disciplina da terminoloxía baséase nos seus propios principios teóricos e consiste fundamentalmente nos aspectos seguintes:
Distínguese entre dous tipos de terminoloxía:
A terminoloxía ad hoc prevalece na tradución, onde se require a tradución dun termo específico (ou grupo deles) rapidamente para resolver un problema de tradución concreto.
Como disciplina, a terminoloxía está relacionada coa tradución e a neoloxía, e con frecuencia estúdase conxuntamente con esta nas universidades e facultades de tradución (por exemplo, na de Vigo). As súas principais figuras (segundo cadansúas escolas e épocas) son o enxeñeiro austríaco Eugen Wüster (da Escola de Viena), a belga Rita Temermann (da escola sociocognitiva) ou a catalá Teresa Cabré.
A terminoloxía tamén se define polo contexto, o estudo de termos relacionado fundamentalmente coa súa organización polo contexto en que se usan. Estes contextos poden incluír:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.