Lars Olof Lagerqvist, nado en Estocolmo o 8 de febreiro de 1929 e finado en Tollarp o 25 de outubro de 2023, foi un numismático e historiador sueco, especializado na época medieval, que foi director do Gabinete Real de Moedas de Estocolmo.
Lars O. Lagerqvist en 2015 | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de febreiro de 1929 Estocolmo, Suecia |
Morte | 25 de outubro de 2023 (94 anos). Tollarp, Kristianstad. Condado de Escania. Suecia |
País de nacionalidade | Sueca. |
Educación | Universidade de Estocolmo |
Q89547790 | Estudos de numismática medieval. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática |
Ocupación | historiador, numismático, autor |
Membro de | |
Premios | |
- (1979) Medalla Elias Brenner (SNS). - (2000): Medalla Gunnar Holst. | |
Descrito pola fonte | Q21586309 , (sec:LAGERQVIST, LARS O, p.739) >>>:LAGERQVIST, LARS O Vem är det 1977 (en) , (sec:Lagerqvist, Lars O, p.567) >>>:Lagerqvist, Lars O Vem är det 1981 (en) , (sec:Lagerqvist, Lars O, p.581) >>>:Lagerqvist, Lars O |
Traxectoria
Lagerqvis graduouse en Humanidades na Universidade de Estocolmo en 1952 e acadou o mestrado en 1961.[1]
En 1951 estivera xa colaborando no Gabinete Real de Moedas (Kungliga myntkabinettet), e entre 1959 e 1962 exerceu tamén como bibliotecario do Ministerio de Asuntos Exteriores de Suecia.[1]
Entre 1963 e 1975 foi xefe do departamento pedagóxico do Consello Nacional de Patrimonio de Suecia (Riksantikvarieämbetet) e do Museo Histórico de Estocolmo (Statens historiska). Neste último foi tamén primeiro conservador e xefe da unidade de estudos, de 1975 a 1977.[1]
En 1979 ingresou novamente no Gabinete de Real de Moedas (Kungliga myntkabinettet) como primeiro anticuario; entre 1981 e 1983 ocupou a xefatura do departamento, e entre 1983 e 1992 foi o director da institución.[1]
Na Sociedade Numismática Sueca ocupou os cargos de secretario entre 1956 e 1973, e de presidente, no período 1973-1978, e na Sociedade Arqueolóxica Sueca foi nomeado vicepresidente en 1985 e presidente entre 1987 e 1989. Entre 1975 e 1994 presidiu a Federación Internacional da Medalla de Arte (FIDEM).[1]
En 1992 ingresou como membro correspondente na Academia Sueca de Letras, Historia e Antigüidades.[1]
Lagerqvist dedicouse especialmente ao estudo da numismática sueca da época medieval, e é autor da obra de referencia para este período, Svenska mynt under vikingatid och medeltid (ca 995–1521) samt gotländska mynt (ca 1140–1565) (Stockholm 1970), que serve como base para a clasificación desas moedas.
Lars O. Lagerqvist finou aos 94 anos en Tollarp o 25 de outubro de 2023.[2]
Recoñecementos
- (1979): Medalla Elias Brenner, da Sociedade Numismática Sueca (Svenska numismatiska föreningen).[3]
- (2000): Medalla Gunnar Holst (Gunnar Holst Stiftelse för Numismatik), de Gotemburgo, Suecia.[4]
Escolma de publicacións
Lars Olof Lagerqvist é o autor dunha gran cantidade de traballos monográficos. Esta é unha escolma dos máis representativos:[5][6][7]
- (1960). Mynt och medaljer, och annan numismatik (con E. Nathorst-Böös). Norstedt, Estocolmo.
- (1970). Svenska mynt under vikingatid och medeltid (ca 995–1521) samt gotländska mynt (ca 1140–1565). Numismatiska bokförlagets, Estocolmo.
- (1971). Sedlar (con E. Nathorst-Böös). Norstedt, Estocolmo. ISBN 9789117121327
- (1972). Kungen gräver : en bok om arkeologer och arkeologi (con M. Odelberg et al). Askild and Kärnekull, Estocolmo. ISBN 9170082375
- (1976). Sverige och dess regenter under 1000 år. Bonnier, Estocolmo. ISBN 9789100415389
- (1979). Bernadotternas drottningar. Bonnier, Estocolmo. ISBN 9789100429164
- (1981). Mynten i Gustav I:s registratur : en genomgång (con E. Nathorst-Böös). Numismatiska Litteratursällskapet i Göteborg. ISBN 9789197005272
- (1984). Vad kostade det? : priser och löner från medeltid till våra dagar (con E. Nathorst-Böös et al.). Kungliga myntkabinettet, Estocolmo. ISBN 9789136021059
- (1985). Gustav Eriksson (Vasa) i Dalarna 1520-1521 : minnen, myter och monument (con N. Åberg). Vincent, Estocolmo. ISBN 9789187064012
- (1987). Corpus nummorum saeculorum IX-XI qui in Suecia reperti sunt. 3. Skåne. 4 Maglarp-Ystad (ed. con B. Malmer). Kungliga myntkabinettet, Estocolmo. ISBN 917192678X
- (1992). Boda sockens historia. I : Olov Larssons oljegruva 1732 och bergoljeborrningarna 1867-1871. Boda hembygdsfören. ISBN 9197188611
- (1993). Litet lexikon över sveriges regenter (con N. Åberg). Vincent Förlag, Estocolmo. ISBN 9789187064128
- (1995). Kings and rulers of Sweden : a pocket encyclopedia (con N. Åberg). Vincent, Estocolmo. ISBN 9789187064159
- (1996). Sveriges regenter : från forntid till nutid. Norstedts, Estocolmo. ISBN 9789119638823
- (1996). Sveriges och dess forna besittningars guldmynt och riksdaler från Gustav I till Carl XVI Gustav (con J. Hagander). Svenska Numismatiska Föreningen, Estocolmo. ISBN 9789185204175
- (1997). Öknamn och tillnamn på nordiska stormän och kungligheter (con N. Åberg). Vincent, Estocolmo. ISBN 9789187064210
- (1999). Den Svenska skogens historia (con H. Lindqvist). Nordtedts, Estocolmo. ISBN 9789113006703
- (2001). A history of Sweden. Swedish Institute, Estocolmo. ISBN 9789152006092
- (2001). Nobel medals. Kungliga myntkabinettet, Estocolmo. ISBN 9789189256118
- (2002). Svensk historia. Fälth & Hässler. Värnamo. ISBN 9789152006085
- (2004). Mat och dryck i forntid och medeltid (con N. Åberg). Vincent, Estocolmo. ISBN 9789187064425
- (2005). Karl XIV Johan : en fransman i Norden. Prisma, Estocolmo. ISBN 9789151842028
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.