artista letón, deseñador de moedas de euro letoas From Wikipedia, the free encyclopedia
Laimonis Šēnbergs, nado en Jaunpiebalga, rexión de Vidzeme, en 1947, é un cartelista e deseñador gráfico letón, coñecido por ser o autor dos anversos nacionais da serie divisionaria circulante de moedas do euro letoas.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de marzo de 1947 (77 anos) Município de Jaunpiebalga, Letonia (pt) |
Actividade | |
Ocupación | deseñador gráfico |
Laimonis Šēnbergs cursou estudos superiores artísticos na Escola de Artes Aplicadas de Riga, onde se graduou en 1967 no departamento de Decoración. Logo levou tamén a cabo estudos de deseño de interiores e moblaxe na escola da Academia de Belas Artes de Letonia, ata 1972.[1]
A partir de 1967, Šēnbergs participou en arredor de 50 exposicións internacionais de cartelaría e deseño, en países como Polonia, Finlandia, Xapón, Alemaña ou a República Checa. Tamén tivo presenza noutras tantas exposicións no seu país, de diferentes especialidades artísticas, tres delas a título individual, en Cēsis (1980 e 2006) e en Riga (1988).[1]
De 1972 a 1982 formou parte do colectivo de creadores denominado Māksla. Entre outras entidades asociativas e artísticas, Šēnbergs foi membro da Union de Artistas de Letonia desde 1975 e secretario do seu consello directivo entre 1982 e 1992; artista principal do Comité Estatal de Edición, Impresión e Comercio do Libro da RSS de Letonia (1982-1990) e do Comité Estatal de Cultura da RSS de Letonia (1988-1990), así como artista xefe do Festival Nacional Letón de Canto e de Danza, en 1990 e en 1993.[1]
Algunhas das obras de Šēnbergs pódense atopar no Museo Nacional de Arte de Letonia, no Museo da Unión de Artistas de Letonia e na Colección de Arte do Banco de Letonia. Pola súa banda, a maior parte dos seus carteis forman parte da colección da Biblioteca Nacional de Letonia.[1]
Šēnbergs foi nomeado conselleiro artístico do Banco de Letonia a partir de 1993, e a partir de 2003 presidente da Comisión do Estado para a Heráldica da Républica de Letonia.[1]
Así mesmo, é membro —e foi presidente e vicepresidente— da Comisión de Deseño de Moedas do Banco de Letonia, entidade responsable do deseño artístico e da calidade das moedas letoas en circulación, así como das conmemorativas e de colección.[1]
Laimonis Šēnbergs foi o artista creador de varias moedas emitidas polo Banco de Letonia. En 1995 lanzou os seus primeiros deseños de moedas con valores faciais no antigo lats letón conmemorativas do oitavo centenario da fundación da cidade de Riga, actividade que mantivo ata 2013.[3]
A partir de 2014 foi o artista escollido polo Banco de Letonia para o deseño dos anversos nacionais das moedas divisionarias letoas do sistema do euro, desde a dun céntimo ata as de 50 céntimos, caracterizados pola representación do gran brasón de Letonia. Tamén se lle encomendou o deseño de varias moedas conmemorativas de dous euros e outras de diferentes valores destinadas exclusivamente ao coleccionismo e ao investimento.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.