From Wikipedia, the free encyclopedia
O lago Poyang é un lago da provincia de Jiangxi,[1] o maior lago de auga doce da China.[2] O lago está alimentado polos ríos Gan, Xin e Xiu, que o conectan co Yangtzé mediante unha canle.
(zh) 鄱阳湖 - Póyáng Hú | ||||
Tipo | lago | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
País da cunca | República Popular da China | |||
División administrativa | Jiangxi, República Popular da China (pt) | |||
| ||||
Afluentes | Gan River (en) ,Fu River (en) ,Le'an River (en) ,Xiushui River (en) ,Chang Jiang (en) ,Rao He (en) ,Xin River (en) | |||
Efluente do lago | Río Yangtzé | |||
Conca hidrográfica | Bacia do rio Yangtzé (pt) | |||
Características | ||||
Altitude | 12 m | |||
Profundidade | máximo: 25 m Media: 8,4 m | |||
Dimensións | 17 () × 170 () km | |||
Superficie | 5.100 km² | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 162.225 km² | |||
Candidato a Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | 12 de febreiro de 1996 | |||
Identificador | 107 | |||
Medicións | ||||
Volume físico | 25.000 hm³ | |||
A superficie do lago Poyang flutúa enormemente entre as estacións seca e húmida,[3] mais nos últimos anos o seu tamaño decreceu totalmente. Nun ano normal a superficie media é de 3500 km2. A principios de 2012, debido á seca, a extracción de area e a almacenaxe de auga no encoro das Tres Gargantas, a superficie do lago chegou a un mínimo de 200 km2.[4] O lago é o hábitat de medio millón de aves migratorias.[5]
Durante o inverno, o lago é o fogar de moitas grúas siberianas, das que o 90% pasan alí o inverno.
Dende 2002 existe unha prohibición da pesca no lugar.
En 2007 expresáronse temores de que o Neophocaena phocaenoides, coñecido localmente como jiangzhu ("porco de río"), nativa do lago ademais doutros lugares como o lago Dongting, podía seguir o camiño do baiji, o golfiño do río Yangtzé, cara á extinción.
A drenaxe de area converteuse nun piar do desenvolvemento da economía local e unha importante fonte de ingresos na rexión circundante do lago. A gran densidade de proxectos de drenaxe foron a principal causa da morte da fauna.[6] Ademais, espérase que a construción do encoro do lago Poyang, cause efectos devastadores nos focénidos que aínda existen.[7]
Debido ao encoro das Tres Gargantas, o lago Poyang pode diminuír estacionalmente e secar. En 2016, o lago secou case completamente. Ademais do encoro, que almacena auga para que sexa empregada no inverno, culpouse a seca da redución.[4]
O goberno local de Jiangxi propuxo construír o encoro do lago Poyang para manter o nivel de auga no lago, construíndo unha esclusa arredor da conexión entre o lago e o Yangtzé, mais está pendente o estudo de impacto. Os científicos e os grupos ecoloxistas como o World Wide Fund for Nature, criticaron a proposta indicando que a obra afectaría adversamente a diversidade salvaxe.[8]
En 1363, tivo lugar no lago a batalla do lago Poyang, considerada unha das maiores batallas navais da historia.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.