![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b9/Flagge_Luebeck.svg/langgl-640px-Flagge_Luebeck.svg.png&w=640&q=50)
Lübeck
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Cidade Hanseática de Lübeck[1][2][3][4] (Hansestadt Lübeck en alemán), é a segunda cidade en poboación do estado federado de Schleswig-Holstein, no norte de Alemaña, despois de Kiel, a capital do Land (213 983 habitantes en 2005).[5]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Alemaña | ||||
Estado federado | Schleswig-Holstein ![]() | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | Buntekuh Centro histórico de Lübeck (pt) ![]() Kücknitz Lübeck-Schlutup (en) ![]() Lübeck-St. Gertrud (en) ![]() Lübeck-St. Lorenz Nord (en) ![]() Lübeck-St. Lorenz Süd (en) ![]() Moisling (en) ![]() St. Jürgen (en) ![]() Travemünde ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 218.095 (2022) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 214,21 km² ![]() | ||||
Bañado por | Baía de Lübeck (pt) ![]() ![]() ![]() | ||||
Altitude | 13 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Jan Lindenau (pt) ![]() ![]() | ||||
Membro de | Wendish cities (en) ![]() Städteverband Schleswig-Holstein (pt) ![]() Organización das Cidades do Patrimonio Mundial Mayors for Peace (en) ![]() Aliança Climática (pt) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 23552–23570 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 4502, 4508 e 451 ![]() | ||||
Código NUTS | DEF03 ![]() | ||||
Número de municipio alemán | 01003000 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | luebeck.de ![]() |
Está situada ás beiras do río Trave, é o maior porto alemán do mar Báltico. Lübeck é unha cidade independente (Kreisfreie Städte) ou distrito urbano (Stadtkreis), é dicir, posúe estatuto de distrito (kreis).
O territorio onde se asenta estivo ocupado desde prehistoria. A cidade foi fundada en 1158 por Henrique, o León, duque de Saxonia. Durante varios séculos foi a "capital" da Liga Hanseática (coñecíase pola Raíña da Hansa) e actualmente os seus habitantes recoñecen á súa cidade das Sete Torres como a "Porta do Norte de Europa".
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0e/Schleswig-Holstein_HL.svg/640px-Schleswig-Holstein_HL.svg.png)
A parte antiga da cidade é unha pequena illa rodeada polos ríos Trave e Wakenitz. O casco antigo forma parte do Patrimonio da Humanidade da Unesco desde o ano 1987. Nel destacan as construcións en estilo gótico báltico de ladrillo.
Hamburgo encóntrase a uns 65 km ao suroeste de Lübeck, e Kiel, a capital do estado, a 78 km ao noroeste. A autoestrada Autobahn 1 conecta Lübeck con Hamburgo e Dinamarca. O distrito de Travemünde é un porto e lugar turístico na costa do mar Báltico.