From Wikipedia, the free encyclopedia
Kung Fu (1972-1975) foi unha serie de televisión estadounidense protagonizada por David Carradine. Foi creada por Ed Spielman, dirixida e producida por Jerry Thorpe e desenvolta por Herman Miller, quen foi ademais escritor e coprodutor da serie. A serie consta dun episodio piloto de longa duración e sesenta e dous capítulos divididos en tres tempadas.
Formato | Western, Drama e acción |
---|---|
Creado por | Ed Spielman Jerry Thorpe Herman Miller |
Dirixido por | Jerry Thorpe |
Intérpretes | David Carradine Keye Luke Philip Ahn Radames Pera |
País de orixe | Estados Unidos |
Episodios | 60 |
Produtor(es) executivo(s) | Jerry Thorpe |
Duración | 50 minutos por episodio |
Canle de orixe | ABC |
Primeiro episodio | 14 de outubro de 1972 |
Derradeiro episodio | 16 de abril de 1975 |
Na rede | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Kung fu relata as aventuras dun monxe shaolín chamado Kwai Chang Caine (interpretado por David Carradine na súa situación de adulto, Keith Carradine como mozo e Radames Pera como cativo), que viaxaba a través do Vello Oeste dos Estados Unidos usando como únicas armas a súa destreza en artes marciais e a forza interior da súa filosofía de vida. O seu propósito era atopar ó seu medio irmán, Danny Caine, e comezar unha nova vida en familia, xa que Kwai Chang fuxira da China tras poñer ás autoridades na súa busca.
Keye Luke, como o mestre Po, e Philip Ahn, como o mestre Kan, eran tamén membros regulares da serie. David Chow, que tamén foi unha estrela invitada na serie, actuou como asesor técnico e de Kung fu, facendo máis adiante o papel máis comprometido de Kam Yuen.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.