Korn (estilizado como KoЯn) é unha banda de nu metal de Bakersfield (California), Estados Unidos. Xunto con outros grupos da época, inspiraron a moitos dos grupos de nu metal e metal alternativo dos 90 e os comezos do 2000[1]. O grupo conseguiu debutar nove veces consecutivas entre os dez primeiros da lista de éxitos Billboard[2].
KoЯn | |
---|---|
Orixe | Bakersfield (California), Estados Unidos |
Período | 1993 - actualidade |
Xénero(s) | nu metal, metal alternativo |
Selo(s) discográfico(s) | Sony BMG Epic Records EMI |
Membros | Jonathan Davis James "Munky" Shaffer |
Antigos membros | David Silveira |
Artistas relacionados | L.A.P.D., Jonathan Davis and the SFA |
Na rede | |
www.korn.com | |
|
Ata o día de hoxe o grupo vendeu máis de 30 millóns de álbums no mundo enteiro, sendo 16 millóns e medio os vendidos nos Estados Unidos[3], e foi nomeado 6 veces aos premios Grammy, gañando dous deles[4].
Historia
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Formación (1993-1995)
KoЯn formouse trala disolución do grupo L.A.P.D. Reginald Arvizu, James Shaffer, e David Silveria decidiron continuar coma grupo, xuntándose co guitarrista Brian Welch e buscando un cantante. Jonathan Davis uniuse a eles en 1993 e púxeronlle o nome de KoЯn ao novo grupo.
Máis tarde en 1993, comezaron a traballar co produtor Ross Robinson, gravando o EP Neidermeyer's Mind ese mesmo ano. Contiña catro temas: "Predictable", "Blind", "Daddy", e "Alive". Paul Pontius de Immortal/Epic Records firmou un contrato con eles, e comezaron a traballar no seu primeiro LP KoЯn. "Blind" foi o primeiro sinxelo do álbum.
O disco foi lanzado o 11 de outubro de 1994, pero o grupo tivo moi pouco apoio das cadeas de radio e televisión, pero conseguiron un gran número de fans[1]. Grazas ao apoio destes fans o grupo acadou o número 72 na lista de éxtios Billboard en 1996[2]. O seu primeiro nomeamento aos Grammy foi polo tema "Shoots and Ladders"[5].
Life Is Peachy (1996-1997)
O segundo disco do grupo, Life is Peachy, foi lanzado o 15 de outubro de 1996, tendo un son máis escuro que o seu disco anterior [6]. Tamén gravaron dúas versións, Low Rider do grupo War, e Wicked de Ice Cube, esta última xunto ao vocalista Chino Moreno do grupo Deftones.
Life Is Peachy vendeu máis de 106.000 copias na primeira semana e acadou o número 3 na lista de éxitos Billboard[2]. O primeiro sinxelo, "No Place to Hide" recibiu un nomeamento aos Grammy[5]. "A.D.I.D.A.S." foi o segundo sinxelo. O título parece facer referencia á marca de roupa Adidas, pero realmente é un acrónimo do "All Day I Dream About Sex" (en inglés: "Soño todo o día có sexo").
A popularidade do grupo medrou ao encabezar o festival de música Lollapalooza de 1997 xunto ao grupo Tool, aínda que non puideron asistir xa que a Munky diagnosticóuselle unha meninxite[7].
A finais de 1997, KoЯn formou o seu propio sélo discográfico, "Elementree Records", asinando a grupos coma Videodrone e Orgy.
Follow the Leader (1998-1999)
KoЯn sacou o seu terceiro álbum Follow the leader o 18 de agosto de 1998, no que participaron tamén outros cantantes coma Ice Cube, Tre Hardson, Fred Durst do grupo Limp Bizkit e o actor Cheech Marin no tema agochado "Earache My Eye".
O disco tivo un grande éxito, debutando no número 1 da lista Billboard con 268.000 copias vendidas na súa primeira semana.[8]. Os sinxelos deste álbum foron "Got the Life" e "Freak on a Leash". "Got the Life" foi o primeiro videoclip retirado na histria da MTV[9].
"Freak on a Leash" gañou un Grammy polo mellor vídeo musical e un nomeamento á mellor actuación de hard rock[10]. O vídeo tamén recibiu nove nomeamentos aos premios da MTV, nas categorías de vídeo do ano, mellor vídeo de rock, mellor dirección e mellores efectos especiais entre outras, gañando dous dos premios[11].
No mesmo ano o grupo comezou unha xira anual chamada Family Values Tour. KoЯn encabezaba a xira xunto a Incubus, Orgy, Limp Bizkit, Ice Cube, e Rammstein. En 1999, Limp Bizkit encabezou a xira xunto a Primus, Staind, The Crystal Method, Method Man & Redman, e Filter. KoЯn non aparecían no cartel e só facían aparicións sorpresa nesta edición.
Issues (1999-2001)
O cuarto álbum do grupo Issues, producido por Brendan O'Brien, saíu ao mercado o 16 de novembro de 1999. O deseño da portada realizouno Alfredo Carlos tras gañar un concurso da MTV[12]. O disco debutou no número 1 da lista Billboard con máis de 573.000 copias vendidas[13]. Anteriormente Korn aparecera nun episodio de South Park, no que sonou o primeiro sinxelo de Issues, "Falling Away from Me"[14].
Take a Look in the Mirror e Greatest Hits (2003-2005)
O sexto álbum do grupo, Take a Look in the Mirror saíu ao mercado o 21 de novembro do 2003,[15]. Eles mesmos produciron o álbum, e lanzaron os sinxelos "Right Now", "Y'All Want a Single" e "Everything I've Known". O álbum foi número 9 na lista Billboard, vendendo unhas 179.000 copias na súa primeira semana.
O disco de grandes éxitos do grupo, Greatest Hits, Volume 1, saíu á venda o 5 de outubro do 2004, debutando no número 4 da lista Billboard e vendendo máis de 129.000 copias. Os dous sinxelos do disco foron o primeiro unha versión do tema "Word Up!" de Cameo, e o segundo unha versión da canción de Pink Floyd "Another Brick in the Wall".
Posteriormente Brian "Head" Welch anunciou que deixaba o grupo argumentando:
Escollín ao señor Xesucristo coma o meu salvador, e dedicarei os meus obxectivos musicais para ese fin[16]
See You on the Other Side (2005-2006)
O álbum See You on the Other Side foi lanzado ao mercado o 6 de decembro de 2005, debutando no número 3 na lista Billboard, permanecendo entre os 100 primeiros da lista durante 34 semanas consecutivas. O primeiro sinxelo foi "Twisted Transistor", sendo Dave Meyers o director do vídeo musical. Neste, os rapeiros Xzibit, Lil' Jon, Snoop Dogg e David Banner facíanse pasar polos integrantes de KoЯn.
O anuncio da volta do Family Values Tour fíxose o 18 de abril do 2006, compartindo cartel con Deftones, Stone Sour, Flyleaf, e Dir en grey[17]. KoЯn e Evanescence encabezaron o cartel na edición do 2007, xunto a Atreyu, Hellyeah, e Trivium[18].
Membros
- Reginald „Fieldy“ Arvizu
- James „Munky“ Shaffer
- Jonathan Davis
- Ray Luzier
- Brian „Head“ Welch
- Jonathan Davis - Vocalista, gaita.
- Reginald "Fieldy" Arvizu - Baixo.
- James "Munky" Shaffer - Guitarra.
- Brian "Head" Welch - Guitarra, voces.
- Ray Luzier – Batería.
Antigos Membros
- David Silveira - Batería.
Discografía
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
KoЯn | 1994 | Epic Records, Immortal |
Life is Peachy | 1996 | Epic, Immortal |
Follow the leader | 1998 | Epic, Immortal |
Issues | 1999 | Epic, Immortal |
Untouchables | 2002 | Epic, Immortal |
Take A Look In The Mirror | 2003 | Epic, Immortal |
See You on the Other Side | 2005 | EMI, Virgin |
Álbum sen título | 2007 | EMI/Virgin |
Korn III – Remember Who You Are | 2010 | Roadrunner Records |
The Path of Totality | 2011 | Roadrunner Records |
The Paradigm Shift | 2013 | Prospect Park, Caroline, Universal |
The Serenity of Suffering | 2016 | Roadrunner Records |
The Nothing | 2019 | Roadrunner Records, Elektra Records |
Requiem | 2022 | Loma Vista Recordings, Concord |
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.