xeólogo alemán From Wikipedia, the free encyclopedia
Friedrich Ludwig Heinrich Konrad Keilhack, nado o 16 de agosto de 1858 en Oschersleben, Saxonia, e finado o 10 de marzo de 1944 en Berlín, foi un xeólogo alemán.
Nome orixinal | Friedrich Ludwig Heinrich Konrad Keilhack |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 16 de agosto de 1858 Oschersleben, Saxonia |
Morte | 10 de marzo de 1944 Berlín |
Lugar de sepultura | Cemiterio berlinés de Frohnau |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | alemá |
Educación | Universidade Humboldt de Berlín |
Actividade | |
Campo de traballo | Xeoloxía |
Lugar de traballo | Rodesia |
Ocupación | xeólogo, profesor universitario |
Empregador | Academia de Berg |
Membro de | |
Lingua | Lingua alemá |
Familia | |
Fillos | Ludwig Keilhack (pt) |
Keilhack defendeu en 1881 a súa tese de doutoramento en Filosofía na Universidade Humboldt de Berlín. Uniuse á Geologische Landesanstalt prusiana, onde se converteu en Landesgeolog (xeólogo estatal) en 1890 e, en 1914 director de departamento e líder do traballo de cartografía. En 1896 foi nomeado profesor asociado, e en 1900 en profesor da Academia de Berg.[1]
As súas investigacións tratáronse case exclusivamente das formacións cuaternarias do norte de Alemaña. Escribiu o Lehrbuch der praktischen Geologie (1896; cuarta edición de 1922) e publicou a partir de 1901 na revista Geologisches Zentralblatt.[1]
En 1892 foi elixido membro da Leopoldina, na sección de Xeoloxía e Paleontoloxía.[2]
Keilhack foi o fundador do "Calendario dos Xeólogos" (Geologenkalender) e do Geologische Zentralblatt (1901-1937).
Foi presidente da Sociedade Xeolóxica de Alemaña de 1917 a 1919.
Morreu aos 86 anos nun atentado en Berlín. Está enterrado no cemiterio berlinés de Frohnau.
A abreviatura Keilhack emprégase para indicar a Konrad Keilhack como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.