Koh Ker
capital do Imperio Khmer / From Wikipedia, the free encyclopedia
Koh Ker (en khmer: ប្រាសាទកោះកេរ្ដិ៍, Prasat Kaôh Ké [praːsaːt kɑh keː]) é un remoto sitio arqueolóxico de Camboxa. Atópase a 120 km de Siem Reap e do antigo sitio de Angkor. É unha rexión chea de selva e pouco poboada. Atopáronse máis de 180 santuarios nunha área protexida de 81 km².[1](p13) Só unhas dúas ducias de monumentos poden ser visitados polos turistas porque a maioría dos santuarios están escondidos no bosque e a zona non está totalmente desminada.
Koh Ker | |
---|---|
Templo Prasat Thom de Koh Ker. | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Camboxa |
Localización | Provincia de Preah Vihear |
Tipo | Cultural |
Criterios | ii, iv |
Inscrición | 2023 (XLV sesión) |
Rexión da UNESCO | Asia e Pacífico |
Identificador | 1667 |
Este artigo amosa escritos khmer. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Koh Ker é o nome moderno dunha importante cidade do Imperio Khmer. Nas inscricións menciónase a vila como Lingapura (cidade de lingams) ou Chok Gargyar[2]:70 (traducido como cidade de olixisto,[3] ou como bosque de árbores de ferro).[1](pp8–9)
O lugar de Koh Ker foi declarado Patrimonio da Humanidade o 17 de setembro de 2023 durante a 45ª sesión do Comité do Patrimonio da Humanidade en Riad, Arabia Saudita.[4][5]