From Wikipedia, the free encyclopedia
Khaled Hosseini (en persa: خالد حسینی), nado en Cabul, Afganistán, o 4 de marzo de 1965, é un médico e escritor afgán en lingua inglesa.[1][2] Despois de graduarse, traballou como doutor en California, unha situación que el comparou "cun matrimonio arranxado".[3] Publicou tres novelas, sendo a máis salientable a primeira, O cazador de papaventos, publicada en 2003. Tódalas súas obras están ambientadas, polo menos en parte, en Afganistán e teñen a un afgán como protagonista. Despois do éxito de O cazador de papaventos retirouse do eido da medicina para dedicarse a escribir.
(2013) | |
Nome orixinal | (en) Khaled Hosseini (fa) خالد حسینی |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 4 de marzo de 1965 (59 anos) Cabul, Afganistán |
Relixión | Islam |
Educación | Universidade de California en San Diego Independence High School (en) Universidade de Santa Clara (pt) UC San Diego School of Medicine (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Afganistán |
Ocupación | médico, escritor médico, médico escritor, novelista, escritor |
Período de actividade | 2003 - |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | khaledhosseini.com |
As súas tres novelas convertéronse en bestsellers: O cazador de papaventos (2003) estivo 101 semanas na lista de mellor vendidos de The New York Times, catro delas no número un.[4] Un milleiro de soles espléndidos (2007) estivo nesa lista durante 103 semanas, 15 delas no número un.[5][6] And the Mountains Echoed (2013) debutou preto do máis alto na lista de Times[7] e permaneceu alí durante 33 semanas, até xaneiro de 2014.[8]
Naceu en Cabul no seo dunha familia de clase alta, seu pai era diplomático e súa nai era mestra. Ós cinco anos vai vivir cos seus pais a Irán por mor do traballo de seu pai, volvendo en 1973 a Cabul. O mesmo día que nace seu irmán máis novo Mohammed Daud Khan, o seu curmán o rei de Afganistán é derrocado e proclámase a república. Tres anos máis tarde, o seu pai é enviado á embaixada de París e leva á súa familia, desde onde vivirá o comezo da guerra civil afgá en 1978, polo que o seu pai pediu asilo político ós Estados Unidos, razón pola que se mudan a California en 1980.
Alí ingresou na Universidade de Santa Clara, graduándose en bioloxía e logo de medicina na Universidade de San Diego, mentres facía súas prácticas de interno entre os anos 1996-2004 escribiu súa primeira novela, O cazador de papaventos (2003), que conseguiría publicar no 2003 converténdose nun best seller. Un ano e medio despois Khaled abandonou a menciña para concentrarse na literatura conseguindo repetir o seu primeiro éxito coa novela Un milleiro de soles espléndidos (2007) e logo coa terceira, And the Mountains Echoed (2013).
Malia vivir desde os quince anos en Occidente, nunca esqueceu a seu país co que está moi comprometido, así en 2006 foi nomeado embaixador de boa vontade do Alto Comisionado da ONU para refuxiados (ACNUR) e ó ver a realidade postbélica decide fundar unha ONG co seu nome. Está casado con Roya Hosseini e teñen dous fillos.
Dende pequeno Khaled leu ós clásicos da literatura oriental sendo seu libro preferido daquel entón o "Shanameh" (libro dos Reis, unha epopea persa medieval), quedando marcado pola súa experiencia vital e o seu país (envolto nunha guerra civil ata hoxe desde 1978), entre os seus temas abordou as relacións humanas, facendo fincapé na familia, a pertenza a unha xenealoxía, as raíces. O que fai que o autor amose grandes doses de empatía e mesmo tenrura nos textos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.