cristalógrafa irlandesa From Wikipedia, the free encyclopedia
Kathleen Lonsdale, nada Kathleen Yardley, nada en Newbridge, no condado de Kildare ( Irlanda ) o 28 de xaneiro de 1903 e finada o 1 de abril de 1971, foi unha cristalógrafa británica de orixe irlandesa que estableceu a estrutura do benceno por métodos de difracción de raios X en 1929,[1] e do hexaclorobenceno por métodos espectrais de Fourier en 1931.
(2009) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Kathleen Yardley 28 de xaneiro de 1903 Newbridge, Irlanda (pt) |
Morte | 1 de abril de 1971 (68 anos) Londres, Reino Unido |
Causa da morte | cancro |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido |
Educación | University College de Londres Ilford County High School (en) Woodford County High School (en) Bedford College (en) Royal Holloway University of London |
Director de tese | William Henry Bragg |
Actividade | |
Campo de traballo | Cristalografía |
Ocupación | química , enxeñeira , cristalógrafa , activista pola paz |
Empregador | University College de Londres Royal Institution (pt) Universidade de Leeds |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa |
Obra | |
Doutorando | Mike Glazer (en) |
Arquivos en | |
Premios
| |
Foi a primeira muller elixida membro da Royal Society, a primeira muller profesora titular da University College de Londres, a primeira muller presidenta da Unión Internacional de Cristalografía e a primeira muller presidenta da Asociación Británica para o Avance da Ciencia.[2]
Kathleen Lonsdale era a décima filla de Harry Yardley, o xefe de correos da cidade, e de Cameron Jessie. A súa familia trasladouse a Inglaterra cando ela tiña cinco anos. Primeiro foi á escola do condado de Woodford só para nenas. Debido a que Kathleen interesouse polas matemáticas e as ciencias, tivo que ir á Ilford County High School, un colexio masculino.
Obtivo a súa licenciatura no Bedford College for Women en 1922 e licenciouse en física pola University College de Londres en 1924.[3] Despois uniuse ao equipo de investigación de cristalografía dirixido por William Henry Bragg na Royal Institution. En 1927 casou con Thomas Jackson Lonsdale co que tivo tres fillos - Jane, Nancy e Stephen - este último foi médico e traballou durante varios anos en Malaui .
Aínda que se criaron como bautistas, tanto ela como o seu marido adoptaron o credo cuáquero en 1935, sendo ambos pacifistas comprometidos.[4] Pasou un mes na prisión de Holloway durante a segunda guerra mundial por negarse a rexistrarse para as tarefas de protección civil ou pagar unha multa por negarse a rexistrarse. Na reunión anual dos cuáqueros británicos en 1953, pronunciou o discurso principal Eliminando as causas da guerra .
Despois dun período dedicado a criar aos seus fillos, Kathleen Lonsdale volveu traballar a finais da década de 1930 na Universidade de Leeds. Tamén volveu traballar con Bragg na Royal Institution en 1934. Ademais de descubrir a estrutura do benceno e do hexaclorobenceno, Lonsdale tamén traballou na síntese de diamantes . Fixo un uso pioneiro dos raios X para estudar os cristais. Lonsdale converteuse nunha das dúas primeiras mulleres membros da Royal Society en 1945,[5] sendo a outra a bioquímica Marjory Stephenson.
En 1949, Lonsdale foi profesora titular de Química e xefa do Departamento de Cristalografía da University College de Londres . Foi a primeira profesora da universidade e ocupou o cargo ata 1968, cando foi nomeada profesora emérita.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.