From Wikipedia, the free encyclopedia
O katakana (片仮名; カタカナ) é un dos dous silabarios empregados na escrita xaponesa xunto co hiragana. Tamén se acostuma empregar katakana para se referir a calquera dos caracteres do devandito silabario. Dos dous silabarios é o máis antigo. Provén da simplificación de caracteres máis complexos de orixe chinesa que chegaron antes do comezo do illamento cultural xaponés, que se mantivo inflexíbel ata a fin da Era Edo.
Estes caracteres, ao contrario que os kanji, non teñen ningún valor conceptual, senón unicamente fonético. Graficamente, amosan unha forma angulosa e xeométrica.
O silabario katakana consta de 46 caracteres que representan sílabas formadas por unha consoante e unha vogal, ou ben unha única vogal. A única consoante que pode ir soa é o 'n'.
Usos do katakana:
Realmente os dous silabarios son equivalentes, aínda que cada un ten distintos usos. No alfabeto latino hai algo parecido coas maiúsculas e minúsculas, no sentido de que as grafías e os usos son distintos.
A I U E O A ア (a) イ (i) ウ (u) エ (e) オ (o) K カ (ka) キ (ki) ク (ku) ケ (ke) コ (ko) S サ (sa) シ (shi) ス (su) セ (se) ソ (so) T タ (ta) チ (chi) ツ (tsu) テ (te) ト (to) N ナ (na) ニ (ni) ヌ (nu) ネ (ne) ノ (no) H ハ (ha) ヒ (hi) フ (fu) ヘ (he) ホ (ho) M マ (ma) ミ (mi) ム (mu) メ (me) モ (mo) Y ヤ (ya) ユ (yu) ヨ (yo) R ラ (ra) リ (ri) ル (ru) レ (re) ロ (ro) W ワ (wa) ヲ (wo) N ン (n)
Anteriormente existían outros dous caracteres katakana:
ヰ (wi) ヱ (we)
Porén, caíron en desuso e xa non se utilizan.
Algúns caracteres katakana teñen certas semellanzas, como ocorre con so (ソ) e n (ン), shi (シ) e tsu (ツ), ‘‘u’’ (ウ) e wa (ワ). Outros, como he (ヘ) e mo (モ), parécense aos equivalentes en hiragana ( へ e も respectivamente).
O r en xaponés sempre é suave, pronúnciase como en caro, xamais como en carro.
Existe un acento diacrítico en xaponés chamado nigori, e serve para formar consoantes sonoras ou impuras (caso da G, Z, D e B) ou a medio impura P.
No primeiro caso, o das consoantes sonoras, emprégase o dakuten (゛) (濁点), que se representa con dous trazos diagonais curtos na parte superior dereita do carácter.
Para formar o son P, emprégase o handakuten (半濁点) (゜), que ten forma de círculo e se escribe tamén na parte superior dereita do carácter.
G ガ (ga) ギ (gi) グ (gu) ゲ (ge) ゴ (go) Z ザ (za) ジ (ji) ズ (zu) ゼ (ze) ゾ (zo) D ダ (da) ヂ (ji) ヅ (zu) デ (de) ド (do) B バ (ba) ビ (bi) ブ (bu) ベ (be) ボ (bo) P パ (pa) ピ (pi) プ (pu) ペ (pe) ポ (po)
Máis sobre pronunciación: 'z' e 'j' son como en inglés. 'ge' e 'gi' pronúncianse 'gue', 'gui'.
Por outra banda, cando unha sílaba se une con ya, yu ou yo, pódense formar ditongos. Neste caso o segundo kana (ya, yu, yo) escribirase máis pequeno do habitual.
IA IU IO K キャ (kya) キュ (kyu) キョ (kyo) S シャ (sha) シュ (shu) ショ (sho) T チャ (cha) チュ (chu) チョ (cho) N ニャ (nya) ニュ (nyu) ニョ (nyo) H ヒャ (hya) ヒュ (hyu) ヒョ (hyo) M ミャ (mya) ミュ (myu) ミョ (myo) R リャ (rya) リュ (ryu) リョ (ryo)
G ギャ (gya) ギュ (gyu) ギョ (gyo) X ジャ (ja) ジュ (ju) ジョ (jo) B ビャ (bya) ビュ (byu) ビョ (byo) P ピャ (pya) ピュ (pyu) ピョ (pyo)
A pronuncia deste e é como a do i en "cumio" ou quiosco (kyo). Outro exemplo é o u nalgunhas palabras inglesas en que soa como yu: huge (hyu).
As consoantes dobres fórmanse escribindo un 'tsu' pequeno (ッ) diante da consoante en cuestión. Nun principio só se dobraban as consoantes k, s, t, p (igual que ocorre no hiragana).
Nas linguas europeas, e particularmente en inglés, hai moitas palabras que acaban nunha consoante que se pronuncia de xeito brusco. A escrita xaponesa está formada por sílabas de tipo "consoante-vogal", e a adaptación destes sons consonánticos finais provoca que se poidan dobrar consoantes como b, d, f, g e h.
Exemplos: ペット (petto, do inglés pet, mascota), カッパ (kappa, do español capa), ベッド (beddo, do inglés bed, cama), バッグ (baggu, do inglés bag, bolsa), マッハ (mahha, do alemán Mach).
A pronunciación é: pet-to, kap-pa, bede-do, bag-gu, mah-ten, é dicir, a consoante soa dúas veces.
En canto ás consoantes nasais ('m', 'n'), dóbranse escribindo ン diante.
Ao igual que en galego, o 'n' ん pronúnciase 'm' diante de 'p' ou 'b'. Exemplo: ナンバー (nambaa, do inglés number, número).
En katakana represéntanse as vogais longas mediante un guión largo (ー na escrita horizontal, | na escrita vertical).
Se a palabra é xaponesa, tamén se poden formar as vogais longas de xeito análogo a como se fai en hiragana.
Exemplos:
Ante todo cabe recalcar que as palabras estranxeiras se escriben en katakana de xeito fonético, respectando a pronunciación orixinal. Isto é ás veces difícil dado que o xaponés ten un sistema silábico que é de tipo consoante + vogal (CV), sendo o n (ン) a única consoante que pode ir soa. As consecuencias son que os grupos de consoantes (como en estraño) así como as consoantes finais (matar) e certas sílabas (como cí en ácido) só se poden aproximar.
Para transcribir unha consoante soa ou seguida doutra consoante, escóllese o carácter que teña o valor da consoante + ou. Isto é así porque en xaponés o u pronúnciase debilmente. Porén, como tu e du non existen en xaponés, o t e o d soltos transcríbense como to e do respectivamente. Exemplos: キス (kisu, do inglés kiss, bico) e ヒント (hinto, do inglés hint, pista). Se se pronuncia esa consoante de xeito brusco ou acentuada, entón pasará a ser unha consoante dobre en katakana. Exemplo: ベッド (beddo, do inglés bed, cama).
Os sons que non existen en xaponés substituiranse polos que máis se lles parezan.
En xeral, son estranxeirismos as palabras que comezan por "P" e en menor medida as que conteñen un "P" simple (porén, o dobre "P" non é raro en xaponés). Tamén son estranxeirismos todas as palabras que conteñen un son de recente incorporación.
Sílabas de recente incorporación ao katakana:
Incluso se viu o uso de "スィ" (o seu + i pequeno) para representar o son "se" nalgunhas palabras estranxeiras como "merci" (メルスィ, grazas en francés). A forma tradicional "メルシ" (merushi) é, así e todo, tres veces máis común (Google).
Ditongos:
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Katakana |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.